25 de mar. de 2020

A GUARDA

CULTURA


Xa non sabedes a que adicar o tempo libre?  

Saca o investigador que levas dentro!  
 
Antigas fotografías - feitas coa técnica da estereocopía -, dunha procesión ao seu paso pola Praza do Reló
Fonte das imaxes: Atopo


Informa: Concello de A Guarda

 Dende o Concello de A Guarda e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, levamos facendo un traballo silencioso durante os últimos anos en favor da conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial. Chegados a este punto, creemos que é o momento idóneo de compartir os resultados con todos vos.  


Portada da web Atopo, da Deputación de Pontevedra


 Hoxe fainos moita ilusión presentarvos o portal ATOPO. E diredes, que diantres é iso? ATOPO é un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.  


Portadas do “Expediente de Real cédula de Carlos II que concedeu a este Municipio privilexios sobre os tributos reais” (1669) e do “Expediente de creación da parroquia de Santa Isabel de Camposancos” (1798)


 Atopo é un proxecto vivo, en construción, que día tras día incorpora novos rexistros e que neste momento conta con 707.185, dos cales poderás consultar e, en moitos casos, descargar en formato PDF documentos tales como: o “Expediente de creación da parroquia de Santa Isabel de Camposancos” (1798), o “Expediente de Real cédula de Carlos II que concedeu a este Municipio privilexios sobre os tributos reais” (1669) ou fotografías antigas da Guarda que datan de 1870 en adiante e que foron cedidas por particulares, o cal non cansamos de agradecer. Polo tanto, colle asento e rebusca nun total de preto de 1.500 fotografías en relación co noso concello.  


Fotografías - feitas coa técnica da estereocopía - da rúa que antigamente era coñecida como Estrada á Baiona, e posteriormente - entre 1895 e 1910 - pasou a denominarse rúa Elduayen. Desde 1910, está adicada a Puerto Rico


 Lembra que neste metabuscador non so aparecen documentos referidos ao concello de A Guarda (s. XVII-actualidade) e que se tes algunha dúbida ou queres ter máis información podes escribir ao correo: patrimonio@aguarda.es 

 Ligazón da páxina: https://atopo.depo.gal/   

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario