O Concello incrementa a desinfección e limpeza de espazos públicos
Preténdese,
con desinfeccións que se repetirán de xeito diario e fumigacións
semanais, unha acción preventiva para eliminar a posibilidade de
contaxio en espazos públicos con importante afluencia de persoas.
Informa (fotografías e redacción): Concello de A Guarda
O Concello de A Guarda iniciou a pasada fin de semana unha serie de desinfeccións e limpezas extraordinarias de diferentes espazos públicos e municipais para conter e previr novos contaxios polo coronavirus COVID-19.
Neste senso o pasado sábado procedeuse ás limpezas e desinfeccións completas da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.
Dende a pasada madrugada unha brigada mixta, na que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda, encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.
Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2 (Desinfección de superficies e área, uso ambiental).
Preténdese, con desinfeccións que se repetirán de xeito diario e fumigacións semanais, unha acción preventiva para eliminar a posibilidade de contaxio en espazos públicos con importante afluencia de persoas.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario