FALECEU TERESA MLAWER, EDITORA E TRADUTORA
· Seu pai era de Camposancos (A Guarda) e súa nai de Cuba
Teresa Rodríguez Mistral (Teresa Mlawer)
Foto: Youtube
Infogauda / Camposancos
O pasado día 22 deste mes de marzo, o xornal dixital Nós diario deu conta do “pesar no mundo da literatura pola (sic) pasamento de Teresa Mlawer, nome imprescindíbel na literatura infantil e xuvenil de América e que tiña as súas raíces na Galiza. Naceu na Guarda e con catro anos levárona para a Habana (Cuba).
Desde a editorial Kalandraka lembran que “nunca esqueceu as súas raíces” e que estaba recoñecida como unha das figuras “máis importantes da LIX en América”.
Foi pioneira na publicación de libros en español en Estados Unidos, tradutora de máis de 250 obras e buque insignia da libraría, editorial e distribuidora 'Lectorum', un referente nos campos de LIX e de animación á lectura”.
A triste nova do pasamento da editora e tradutora, foinos comunicada por Xurxo Chirro, do seguinte xeito:
“Finou
Teresa Mlawer, escritora e editora, que naceu na Guarda e emigrou para
Cuba aos 4 anos.
Algúen da Guarda a coñecía?
Ten parentes na Guarda ou
na bisbarra?
Alguén da Guarda ten ese apelido singular?”
Posteriormente Xurxo Chirro díxonos que Teresa tiña unha tía que se chamaba Isabel, que tivo un burro chamado Domingo.
Fixemos algunhas pescudas, máis dada á situación que estamos vivindo debido o Estado de Alarma, non logramos obter os datos que procurábamos, ata que no día de hoxe, José Fernando Martínez Martínez, presidente en funcións da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, fixo público nunha rede social o seguinte obituario:

IN MEMORIAM
Fai uns días finou Teresa Rodríguez, nacida en Camposancos. De nena emigrou a Cuba con seus pais e a irmá Inés, de donde máis tarde se foi a EUA, onde pasou os máis anos da súa vida. Seu pai era José Rodríguez, camposino, e súa nai Panchita Mistral, cubana.
R.I.P.
Dese xeito, grazas á información de José Fernando Martínez Martínez sabemos cales eran os apelidos de solteira de Teresa.
Porén, na tarde deste xoves día 26 de marzo, José Fernando Martínez Martínez contactou coa redacción deste xornal dixital para rectificar o lugar de nacemento de Teresa Rodríguez Mistral, dado que por unha información que lle fora facilitada, e que resultou parcialmente errada, díxonos que Teresa non naceu en Camposancos, como se había dito, senón en La Habana (Cuba), como figura nas reseñas biográficas consultadas por Infogauda. Prega disculpas por iso, ao tempo que refire que “(...) cando [Teresa] tiña entre 6 e 9 anos viu de vacacions cos pais e a irmá maior por primeira vez, e voaron alomenos dúas veces mais en familia.
Xa de maior tamén viu a Camposancos nunhas dúas ocasións.
Desde que se afincou nos EEUU, viña a Madrid e Barcelona cáseque todos os anos (...)”.
Dese xeito, queda constancia que Teresa Mlawer era por parte de pai, oriunda de Camposancos. En calquer caso, foi unha muller emprendedora. Toda unha personalidade, promotora da lectura, é unha defensora da alfabetización temperá para a poboación latina e dos autores hispanos. Xunto con seu esposo William Mlawer, puxo en marcha un dos proxectos editoriais máis importantes, que a día de hoxe teñen continuidade.
Cando ás circunstancias nolo permitan, continuaremos nosa labor de procura de máis información sobre Teresa Rodríguez Mistral (Teresa Mlawer), que segundo pudemos saber, faleceu en New York.

Para saber un pouco máis sobre ela facilitamos á ligazón á reportaxe Teresa Mlawer, producida para Había una vez, edición especial, e publicada en Youtube:
https://www.youtube.com/watch?v=Km_OWTBPS2k&fbclid=IwAR2vlky1fpbrHTGCLWACpSFrhleu_eengdA7FRB_Q3EBApXjSiqeBHs5-poo
Información publicada: 25.03.2020
Actualizada: 26.03.2020

Ningún comentario:
Publicar un comentario