21 de feb. de 2020

A GUARDA

A Guarda deu a benvida ao Entroido 2020 

Cun espectacular e colorido desfile dos coles 






 
 


 
 


    Reportaxe fotográfica: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 A programación para este Entroido 2020 arrancou o mediodía deste venres día 21 de febreiro co tradicional Desfile dos Colexios da localidade, no que participaron a meirande parte do alumnado, profesorado dos centros educativos, nais e pais de alumnos/as, cun percorrido polo casco urbano, onde luciron os sempre espectaculares e coloridos disfraces de entroido. 

 Cada clase empregou unha temática e, entre os disfraces máis destacados, os relacionados cos vindeiros xogos olímpicos de Tokio 2020, cunha imaxinación e orixinalidade que causou gran expectación entre os centos de persoas que encheron as rúas da vila para presenciar este divertido e colorido desfile infantil. 

 A programación continúa ata o vindeiro martes con actividades de lecer para todas as idades con espectáculos infantís, música en directo e moito máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario