11 de xan. de 2020

DEPORTES

REMO ERGÓMETRO

DAMIÁN ALONSO ALONSO, DO CLUB DE REMO ROBALEIRA, LOGRA DÚAS MEDALLAS NO CAMPIONATO EUROPEO

Unha de prata en 2.000 m., e outra de bronce en 500 m.
 
Damián Alonso Alonso locendo as dúas medallas que logrou na xornada deste sábado en Praga
Foto: F.B.


Infogauda / Deportes

  Locendo as cores do Club de Remo Robaleira, o remeiro Damián Alonso Alonso (A Guarda, 1982), ven de participar no Campionato de Europa de Remo Ergómetro que este sábado 11 de xaneiro de 2020, celebrouse no Královka Hall, de Praga (República Checa), onde "a pesar de todos os problemas", como el mesmo referiu, comezou a xornada de hoxe logrando unha medalla de prata, na regata de 2.000 metros, na categoría LM 30 (Master 30-39) masculino, facendo un crono de 06:31.3, tan soio superado por Dánjal Martin Hofgaard, da Federación de Remo de Faroe, que fixo un rexistro de 06:26.6. 

 E por se fose pouco, pola tarde Damián Alonso Alonso faríase cunha medalla de bronce, na regata de 500 m., facendo un tempo de 01:26.1.

 Dese xeito, o deportista guardés, que tanto éxitos ten acadado, e que tantas veces ten posto no máis alto o nome de A Guarda, non pudo comezar mellor este 2020.

Ningún comentario:

Publicar un comentario