12 de xan. de 2020

VAL MIÑOR

Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia



IEM / Val Miñor

 Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns e coa colaboración do concello de Gondomar, onte comezou no Auditorio Municipal Lois Tobío unha nova edición da MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO VAL MIÑOR E OIA que ata o domingo 9 de febreiro, ten programadas dez pezas doutros tantos grupos afeccionados do Val Miñor e Oia.  

 A entrada será libre ata completar aforo.  

Programa:  

SÁBADO 11 de xaneiro. 20:00 h “O GALEGO, A MULATA E O NEGRO” representado polo grupo Bertorella teatro, de Gondomar.  

DOMINGO 12 de xaneiro. 18:00 h “PEQUENO RETABLO” representado polo grupo Nonsí teatro, de Baiona.  

SÁBADO 18 de xaneiro. 20:00 h “LUME” representado por Teatro do ar, de Nigrán.  

DOMINGO 19 de xaneiro, ás 18:00 h “AS APARIENCIAS ENGANAN” representado por A xesta vermella, de Borreiros.  

SÁBADO 25 de xaneiro, ás 20:00 h “CÓNCAVO CONVEXO” representado por Vichelocrego teatro, de Gondomar.  

DOMINGO 26 de xaneiro, ás 17:00 h “O MERLO BRANCO” representado por Os cabalos rosas brincan no patín,  grupo infantil de Viladesuso.  

SÁBADO 1 de febreiro, ás 20:00 h “MOVIDA NO CONVENTO” representado por O mellor de cada casa, de Viladesuso.  

DOMINGO 2 de febreiro, ás 18:00 h “UN DÍA DE PESADELO” representado por A moura teatro, de Chaín.  SÁBADO 8 de febreiro, ás 20:00 h “QUEN DIXO MEDO?” representado por Arredemo teatro/Aula de teatro de Gondomar.  

DOMINGO 9 de febreiro, ás 18:00 h “ROSA INTENSO TIRANDO A ROJO BERMELLÓN” representado por Pritis Guomis/aula de teatro de Gondomar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario