En relación ao proxecto de Ordenanza Municipal Reguladora da Instalación de Terrazas en Espazos Públicos
CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU ESCRITO DE ALEGACIÓNS
Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
SOLUCIÓN A PROBLEMÁTICA DAS TERRAZAS
En data do 14 de Octubro do 2019, quen suscribe, presentou un Escrito de Alegacións a Ordenanza Municipal Reguladora da Instalación de Terrazas en Espazos Públicos, no tempo e forma pertinente, (según información, en Secretaría tamén entrou outra alegión dún particular), as que a día de hoxe ainda non recibiron contestación, sobre a súa admisibilidade, e moito menos existe unha resolución sobre a validez ou non de dita Ordenanza.
Nos medios de comunicación, no seu momento, publicaron, como nalgún concello, se había escomenzado a tomar medidas para axustarse da mellor maneira posible a Orden do Ministerio de Vivenda nº VIV/561/2010 publicada no Boletín Oficial do Estado nº 61 do xoves 11 de marzo de 2010, que entrou en vigor no mes de xaneiro do 2019.
Ainda que esta situación afecta a instalación de terrazas en xeral, unha das zonas máis afectadas por esta nova normativa, é sin dúbida o Paseo Marítimo e a Avenida do Porto, xa que como mínimo alí, dende fai bastante tempo existen, TRES (3) restaurantes que plantexaron a modificación e/ou nova instalación de terraza, e que xa naquel momento existían dúbidas sobre a posibilidade de adaptarse a Normativa Municipal e o esforzo económico que isto plantexaba.
O Concello non pode seguir máis tempo calado, ten que tomar unha posición, manter xuntanzas cos propietarios da restauración para intentar unha solución. Isto é URXENTE, por varios motivos, un despexar a dúbida e inquedanza dos hostelerios e restauradores, e por outra banda, a proxímidade da tempada de SEMANA SANTA, na que a afluencia de turistas e peregrinos se nota con bastante fluidez dos visitantes.
As alegacións que presentamos no seu momento no Concello foron:
Celso R. Fariñas, maior de edade, con domicilio a efectos de notificación na rúa Manuel Lomba, 7 - baixo deste Concello, por sí mesmo como veciño e en calidade de Portavoz do Grupo do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, ante esa Alcaldía comparece e DI:
1º).- En tempo e forma, despois de que foran aprobados de maneira inicial no Pleno Ordinario do día 27 de setembro de 2019, e publicada a ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA INSTALACION DE TERRAZAS EN ESPAZOS DE USO PUBLICO, ven a presentar o presente escrito, como alegación, pero tamén como denuncia da transgresión a una Lei de rango superior, ou o que é o mesmo, una denuncia sobre a ilegalidade da citada ORDENANZA MUNICIPAL mesma, dado que se está incumplindo a normativa estatal en vigor dende o mes de xaneiro.
A Orden do ministerio da Vivenda sobre accesibilidade en espacios públicos fixa franxas mínimas de 1,80 metros de ancho entre as mesas e sillas cas fachadas dos locais para facilitar o paso a persoas invidentes ou con movilidade reducida.
Esta situación, obriga, a revisión da Ordenanza Municipal da ocupación de vía pública vixente e que abrangue todo o noso povo, traballando nesta a que se fai referencia máis arriba e aprobada de maneira inicial, para estudiar como dentro da legalidade vixente se pode dar unha solución as terrazas ubicadas na RÚA DO PORTO.
O 1 de Febreiro do 2010, o Ministerio da Vivenda dicta a Orden Nº 561/2010, que entrou en vigor o día siguinte da súa publicación no BOE (11 de MARZO del 2010). E decir o12 de Marzo do 2010.
Aos espazos públicos urbanizados xa existentes nesa data do 11.03.2010, é de aplicación dende o pasado 1º de xaneiro do 2019 a normativa técnica do ANEXO da Orden do Ministerio da Vivenda Nº 561/2010, de 1 de Febreiro, que textualmente dí:
Se prohíbe la ocupación con mesas, sillas, mobiliario, etc. adosados a la línea de fachada del inmueble (terraza interior), estableciendo desde dicha línea de fachada un paso libre para viandantes y peatones de 1,80 m. de ancho.
Das moitas terrazas ilegais existentes, debemos facer fincapé, aquelas que interfiren na liberdade de paso, ou na perigosidade e risco de atropello para os peatóns, das que é conocedor os Equipo de Goberno, que en vez de tomar decisións miran para outro lado, cado se montan terrazas ou material propagandístico e decorativo que impiden o libre transito das persoas.
Nalgúns casos, as queixas dos veciños son permanentes, xa que temos que reseñar que existen locais que na rúa teñen en plena tempada de verán instalan mesas, mobiliario e elementos publicitarios (menús, cartas e prezos) e que non existindo beirarrúas, ocupan a maioría da vía de rodadura facendo imposible non somentes o paso de vehículos de transporte, de mercancías, de ambulancias, etc. senón incluso de turismos e poñendo aos “pes” dos coches aqueles veciños que teñen que camiñar por ese lugar, donde nalgúns momentos a aglomeración de clientela, ten provocado algún altercado por taponar a rúa.
O 11 de Febrero del 2019, en Recurso de Casación Nº 1.152/2016, a Sección Quinta da Sala Terceira do Tribunal Supremo dictou Sentencia Nº 159/2019 na que esixe o cumplimento por un Concello das normas da Orden do Ministerio da Vivenda Nº 561/2010, e anula articulado de toda ordenanza municipal que a contradiga, en especial se non contempla a obligación de deixar libre de todo obstáculo a franxa de 1,80 m. de ancho pegada as fachadas dos edificios.
A Guarda, a 10 de Xaneiro do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
(A Guarda)
Rua do porto A GUARDA -no veran intransitable para personas en silla de rodas P.M.R. devido a afluencia de personal donde o pavimento de (((adoquinado non e transitable))) este e outro detalle que se deve de ter en conta ---ese pavimento deve de ser renovado,,,
ResponderEliminar