A Xunta de Galicia elixe Vigo como escenario da gala dos Premios da Cultura Galega, que renderán homenaxe á movida
A gala terá lugar o martes no teatro Afundación e contará con actuacións que conectarán a escena contemporánea galega con referentes culturais dos anos 80
Estarán presentes bandas como as Tanxugueiras, Presumido, a agrupación de baile Media Punta ou Antón Reixa, que realizará unha performance poética e musical
A artista baionesa Lula Goce elaborará un mural de gran formato que formará parte da escenografía do acto que será instalado nun espazo da cidade
Os galardóns constitúen o maior recoñecemento outorgado en Galicia neste eido e buscan poñer en valor o esforzo e o talento creativo da nosa Comunidade
O xurado dos Premios da Cultura Galega designou a Xesús Alonso Montero na modalidade de Letras
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Infogauda / Vigo
A Xunta de Vigo escolleu Vigo como escenario da gala de entrega dos Premios da Cultura Galega, que o próximo martes renderá homenaxe ao fenómeno da movida viguesa como elemento clave na identidade cultural da cidade e de toda Galicia coincidindo co 40 aniversario do inicio deste movemento. Os galardóns constitúen o maior recoñecemento outorgado en Galicia neste eido e buscan poñer en valor o esforzo e o talento creativo da nosa Comunidade.
A gala, que se celebrará no teatro Afundación de Vigo, contará con actuacións que conectarán a escena contemporánea galega cos grandes referentes culturais de comezos dos anos 80. Así pois, actuarán artistas como as Tanxugueiras, a Escola de Danza Media Punta de Vigo ou Presumido, que será o encargado das transicións da gala. Ademais, terá lugar unha performance poética por parte do grupo Rompente a cargo de Antón Reixa, Manolo Romón e coa música de Julián Hernández, tres figuras sinaladas do panorama cultural vigués.
En paralelo, a artista baionesa Lula Goce elaborará un mural de gran formato con referencias á cidade de Vigo que formará parte da escenografía do acto e que, con posterioridade, será instalado nun espazo da cidade. Actualmente, Goce é unha artista de arte urbano con sona internacional que nos últimos tempos realizou murais a gran escala en Nova York, Azerbaixán, Virginia ou Hannover.
Premiados en oito categorías
Deste xeito, a gala do Premios da Cultura Galega pretende ser un homenaxe ao movemento da Movida viguesa poñendo o foco no seu carácter transformador, na súa capacidade para proxectar a cultura de Galicia en todo o mundo e na súa influencia na identidade de Galicia e dos seus creadores, unha influencia que queda reflectida nalgúns dos artistas que participarán activamente na gala.
Nesta edición, o xurado designou a Xesús Alonso Montero na modalidade de Letras, Soledad Penalta na de Artes Plásticas, Monicreques de Kukas na categoría de artes escénicas, Amancio Prada na de música, a serie de televisión O sabor das margaridas no apartado de audiovisual, Pilar Ponte Patiño no de lingua, a restauración do Pórtico da Gloria na modalidade de patrimonio cultural e o programa Galego en Londres na de proxección exterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario