8 de mar. de 2019

PÍAS (SAN MIGUEL) O ROSAL

FEIRA DE SAN GREGORIO

O sábado día 9 e o domingo día 10 de marzo, 2019



Ricardo Rodríguez Vicente / Pías (O Rosal)

  Cando ainda non demos rematado o Entroido, xa estamos de novo noutra edición da tradicional Feira de San Gregorio. Será nesta fin de semana, cando ao son do Grupo de Gaitas A Boalleira, da Gándara, que percorrerá as rúas de Pías, todo o mundo saberá que este tradicional evento anual con moitas décadas de antigüidade, abrirase oficialmente ás 17:00 horas, cando as autoridades locais e membros da comisión veciñal, procederán á inauguración da feira, dando comezo á ampla programación desta edición.

 Para a Feira de San Gregorio 2019, á organización veciñal tennos rosca de roxóns, que este ano acada súa XXII edición, e con certeza que haberá moitísimas persoas que terán seus padales facéndoselles auga na boca, con ese sabor que relémbranos ás que degustábamos en familia, na nenez e mesmo a adolescencia, e que facíanse no forno da casa. 

 Ademáis, arredor das 17:00 horas, dará comezo o V Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca. Haberá dúas modalidades: a tradicional e a innovadora.

 Nisto das tortillas cada cociñeira/o un ten seu toque persoal. En todo caso, cada concursante ten que presentar ás súas. As inscricións son abertas e de balde. Compre ter en conta que unha vez comezado o concurso non se aceptan máis tortillas.

OBRADOIROS INFANTÍS

 Pensando en todo tipo de público, os organizadores tamén tiveron en conta - ademais dos tradicionais asubíos - incluir actividades para os picariños. Dese xeito, haberá obradoiros infantís de maquillaxe e globoflexia. E ás 18:00 horas, haberá unha actuación dun contacontos.

 A feira estará amenizada polo "Grupo de Amigos Os da Orde".

 Como de costume haberá cantina con viños das adegas do Val do Rosal e tapas tradicionais: lamprea, chourizo, callos, orella,...

ACTUACIÓN ESTELAR DO ACTOR GALEGO FEDERICO PÉREZ
 

 E arredor das 20:00 horas, comezará á actuación estelar do actor, guionista e monologuista galego Federico Pérez. Dito así, semella que trátase dunha persoa descoñecida, pero á realidade dínos todo o contrario, xa que é un artista con moito percorrido, a pesares de ser xoven, pois naceu o día 11 de setembro de 1976, en Alemania.

 Federico Pérez Rey ten intervido en series da TVG, como Padre Casares, Air Galicia, O show dos Tonechos, Libro de Familia e Mareas Vivas,...

 Desde abril de 2011 da vida o persoaxe Moncho, na serie da TVG Era visto! e hoxendía está participando no programa Malo será! que cada semana realízase nun teatro galego e emítese na canle da TV autónomica galega.

  Asemade ten participado en varios filmes: 18 comidas, Retornos, Mar Adentro e Los fenónemos.

 Tamén foi guionista nas series da TVG Terra de Miranda, Pequeno Hotel, O rei da comedia, As leis de Celavella, Máxima audiencia, Zapping Comando e O show dos Tonechos.


 Así pois, será todo un placer poder presenciar en vivo e en directo a actuación de Fedeiro Pérez, que con toda certeza, tendo en conta á súa valía como actor, vai ser todo un espectáculo.   

 No que respecta á programación do domingo, voltará a actuar o Grupo de Gaitas A Boalleira e haberá polbo á feira todo o día.

 Asemade, ao igual que o sábado, estarán abertas á exposición de fotografía sobre o equipo Unión Deportiva Ribera, e a XIV Exposición de Encaixe de Palillos e Palillada.

 Tamén estará aberta á XIV Feira de Artesanía.

 Arredor das  17:00 horas, comezará o espectáculo infantil Uxía Lambona e a Banda Molona.

  E ás 19:00 horas, actuará o grupo folk Os Carapaus.

 OS CARAPAUS


Carapaus
Foto: Culturactiva 

 Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010, integrado por Emilio Lois, gaiteiro da Baña, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais, como OCT  Ultreia;  Oli  Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de  Chouteira e colaborador de  Malvela, entre outros; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional e coautor do libro  Bailabén (Edicións  do  Cumio, 2010); Sabela  Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Adrián Lareo (bombo e voz), gaiteiro e estudante de  CAIM Gaita na  Escola Municipal de Artes de Oficios (EMAO), de Vigo.  

 Baixo o manifesto "Somos  ghaiteiros, somos  revolusionarios", Carapaus pon toda a súa enerxía en mostrar a música tradicional galega, así como fornecer con pezas de composición de importante trazo tradicional o acervo cultural galego. 

ACTOS DE CULTO NA CAPELA DE SAN GREGORIO

 O sábado día 9 ás 19:30 horas, misa rezada.

 E o domingo día 10, ás 10:00 horas, misa rezada. Ás 12:00 h., misa solemne con sermón e procesión acompañada polo Grupo de Gaitas A Boalleira.

A GUARDA

O Concello de A Guarda reclama un acceso sur ao porto da localidade

· Grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, xa se conta cun proxecto para esta infraestrutura

· Actualmente atópase en fase de procedemento simplificado de avaliación ambiental, cun orzamento que ascende a 2.415.892,22


 Infografías do trazado da saída Sur do porto de A Guarda
 Fonte: C.A.G.
 

Infogauda / A Guarda

 O pasado mércores día 6 de marzo de 2019 o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, reuniuse en Santiago de Compostela coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para trasladarlles novamente a necesidade dunha infraestrutura que de acceso e saída ao porto de A Guarda

 Nesta reunión o edil guardés indicoulles que na actualidade, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, xa se conta cun proxecto para esta infraestrutura, que se atopa actualmente en fase de procedemento simplificado de avaliación ambiental, cun orzamento que ascende a 2.415.892,22€.

TRÁTASE DUNHA INFRAESTRUCTURA FUNDAMENTAL

 Esta infraestrutura é fundamental para dar acceso ao porto de A Guarda, dado que ao rematar as obras de Concepción Arenal ese acceso vai a ser moito máis difícil, e tamén dende o consistorio se entende que ademais da pesca e da actividade das redeiras existen outras actividades, importantes para o tecido económico da vila, polo que se poden explorar outras vías de financiamento. Os colectivos que amosaron máis interese por esta infraestrutura foron a confraría e as redeiras, que empregan estes viais para o transporte de redes e marisco, argumentou o alcalde de A Guarda.  

 Para Antonio Lomba é moi importante recoñecer que o concello de A Guarda por si só non pode capitalizar esta obra, aínda que colabore economicamente, e terá que ser unha administración supramunicipal a que o faga, ben Xunta de Galicia ou Deputación de Pontevedra, entendendo que a Consellería do Mar é que ten máis relación con esta infraestrutura

 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda afirman que o presidente de Portos de Galicia indicou que este proxecto non toca na zona portuaria, pero tamén é certo que en moitas zonas de Galicia existen viais que non tocan nos portos, pero que si comunican e dan acceso aos mesmos. 

 A actividade pesqueira e marisqueira na Guarda non vai a ir a menos, a previsión é que no futuro aumente a actividade económica do porto dado as grandes posibilidades que ofrece tanto a nivel comercial como turístico 

 Antonio Lomba entende que é unha infraestrutura que se debe financiar dende diferentes administracións, ben Consellería de Infraestruturas, Consellería do Mar, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e o propio Concello de A Guarda, xa que é un vial fundamental para o futuro da Guarda e para o desenvolvemento económico da zona do porto.

A GUARDA

Concentración reivindicativa do 8M na Praza do Reló 

· Unhas duascentas persoas participaron nela   
 

A concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, na súa intervención no acto de hoxe

Fotos: C.A.G.






Infogauda / A Guarda

 Arredor dunhas duascentas persoas congregáronse este venres día 8 de maio de 2019 na Praza do Reló, nunha concentración reivindicativa a prol da igualdade real entre mulleres e homes, para conmemorar o Día Internacional da Muller.

 Asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños de A Guarda, así coma membros do goberno local, leron manifestos e pronunciaron alegatos a favor do empoderamento feminino.   

 As conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 rematarán na vila de A Guarda o vindeiro xoves día 14 de marzo ás 20:30 horas no Centro Cultural coa proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade.»   

 Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.

A GUARDA

CICLOTURISMO


O CLUB CICLISTA GUARDÉS ORGANIZA UNHA NOVA RUTA DE CICLOTURISMO 

· O domingo día 10 de marzo, ás 9:00 h., desde á Alameda


A GUARDA

A Guarda celebrará este sábado o desfile-concurso de Entroido

· Ás 17:30 horas, con saída dende a Esquina Famosa ata a Alameda da vila


 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda recorda que, despois de aprazarse o pasado martes ante as previsións meteorolóxicas desfavorables, o desfile-concurso de Entroido realizarase finalmente na xornada do sábado día 9 de marzo ás 17:30 horas, con saída dende a Esquina Famosa ata a Alameda da vila. 

 Desde o executivo municipal convidan a cidadanía a asistir e, aínda que o prazo de inscricións xa está pechado, todas aquelas persoas que desexen desfilar no mesmo poderán facelo, pero sen participar na modalidade de concurso.

A GUARDA

FÚTBOL

1ª AUTONÓNOMICA GRUPO 5º 

O SPORTING GUARDÉS RECIBE AO UNIÓN DENA, C. F. 

· O domingo día 10 de marzo, ás 4:30 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña 


GOIÁN (TOMIÑO)

“Trinta e tantos ósos”

Domingo día 10 de marzo, ás 18:00 horas, no Auditorio de Goián



Infogauda / Goián 

 O Concello de Tomiño presenta este domingo día 10 de marzo, ás 18:00 horas, no Auditorio de Goián, o espectáculo teatral “Trinta e tantos ósos”.

 Espectáculo teatral que recrea a viaxe de catro mulleres de trinta e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas e adoptando condutas alleas deciden desfacerse de medos e ataduras para recuperar o seu potencial máis vital e salvaxe.  

 A obra mestura distintos xéneros escénicos, dende o musical de pequeno formato ata alusións ás cancións infantís con contidos machistas ou unha performance de carácter máis físico e simbolista.
 
 O espectáculo é para público a partir de 13 anos. 

 Venda de entradas unha hora antes na taquilla, prezo: 3€

LABORAL

A patronal das ambulancias rompe as negociacións do convenio polas discrepancias nos atrasos salariais 

As centrais denuncian que na Coruña estanse a trasladar pacientes críticos sen persoal de acompañamento
 

Dende as centrais CIG, CCOO e UGT denuncian que na Coruña estanse a trasladar pacientes críticos sen persoal de acompañamento
Foto: CIG 

Infogauda / Galicia

 A patronal das ambulancias decidiu romper onte as negociacións do convenio colectivo ante as discrepancias existentes á hora de establecer unha suba salarial que compense os atrasos salariais tras case catro anos sen convenio. Ao mesmo tempo, dende as centrais CIG, CCOO e UGT denuncian que na Coruña estanse a trasladar pacientes críticos sen persoal de acompañamento.  

 Todo facía indicar que na xuntanza de onte as partes ían achegar posturas, pero a sorpresa chegou cando o empresariado decidiu levantarse da mesa sen facer ningunha contraoferta á proposta dos sindicatos de incrementar máis os salarios nos dous últimos anos de vixencia do convenio (2021 e 2022) para compensar a non actualización dos salarios durante case catro anos. 

 A patronal pretendía aplicar a primeira subida de soldos, dun 4%, en novembro de 2019, mentres que para 2020 este incremento sería dun 3%. Nos dous últimos anos de vixencia do convenio que se está a negociar a suba sería do 1%. Deste xeito, os traballadores/as do sector permanecerían cos soldos sen actualizar durante practicamente catro anos (2016, 2017, 2018 e case todo 2019), de aí a proposta de aumentar o incremento dos dous últimos anos.  

 Nun primeiro momento a parte empresarial dixo que ía estudar a posibilidade de atender esta demanda, “pero a continuación dixeron que non aceptaban, que non presentarían contraoferta e que abandonaban as negociacións”, explica o responsábel de Transportes da CIG, Xesús Pastoriza.  

Folga indefinida  

 Polo tanto, a folga convocada no sector pola CIG, CCOO e UGT continuará até este domingo, pasando a ser indefinida a partir do vindeiro día 20 no caso de que antes non se chegue a un acordo que permita desbloquear o conflito. 

 Por outra parte, as tres centrais denuncian que na Coruña estanse a trasladar pacientes críticos en ambulancia sen persoal de acompañamento, “algo que pon en grave risco a vida das persoas, aínda que parece ser que os traslados contan coa autorización médica correspondente”.

VILAGARCÍA DE AROUSA

Miembros de Ciudadanos Villagarcía presentan en el ayuntamiento una iniciativa en la que se proponen medidas en favor de la igualdad real y efectiva entre hombres y mujeres     

· David Oliveira:  "La propuesta que registramos recoge diversas iniciativas que buscan luchar contra la desigualdad desde las instituciones"     


David Oliveira,  coordinador del Grupo Local de Ciudadanos (Cs) en Vilagarcía
Foto: F.

Beatriz Pino / Vilagarcía de Arousa

 El Grupo de Ciudadanos en Vilagarcía ha registrado hoy una iniciativa que presenta una serie de medidas en pro de la igualdad real y efectiva entre hombres y mujeres. El encargado del registro ha sido David Oliveira,  coordinador del Grupo Local de Ciudadanos (Cs) en Vilagarcía, quien ha explicado que "en un día como hoy, en la semana del Día Internacional de la Mujer, desde Cs proponemos, entre otras medidas, el aumento y equiparación de los permisos de maternidad y paternidad como una de las medidas clave para combatir la brecha salarial y la discriminación que padecen las mujeres en el ámbito laboral".  

 Explica Oliveira que "desde Ciudadanos, apostamos también, en esta iniciativa, por garantizar el derecho de las mujeres al acceso al empleo, la igualdad de remuneración en trabajos del mismo valor, la promoción de una cultura cívica basada en la igualdad real sin discriminación por razón de sexo o la mejora de la supervisión de los planes de Igualdad desarrollados en empresas".  

 Otras propuestas que recoge Ciudadanos en esta iniciativa presentada tienen que ver con la promoción del trabajo a distancia, la gratuidad del primer ciclo de educación infantil de 0 a 3 años, el acuerdo sobre un Pacto Nacional para la Racionalización de los Horarios y la Conciliación, el desarrollo de los avances logrados con el Pacto de Estado contra la Violencia de Género o la elaboración de un Proyecto de Ley contra la Violencia Sexual que mejore la respuesta institucional inmediata que reciban estas víctimas.

IGUALDADE

Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller


                       Acto institucional da Xunta de Galicia co gallo do Día Internacional da Muller



 A Xunta de Galicia, con motivo do Día Internacional da Muller que se conmemora o día 8 de marzo, quere manifestar o seu firme compromiso en seguir traballando para que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva en tódolos ámbitos da nosa sociedade e na loita pola erradicación de todas as formas de violencia sobre a muller.

 As estatísticas seguen a revelar unha realidade desigual nas retribucións salariais, na promoción profesional, no acceso a sectores e ámbitos aínda fortemente masculinizados, así como tamén na presenza nas esferas de decisión. E a este escenario contribúe, certamente, a persistencia dos estereotipos de xénero; de aí que sexa preciso traballar en favor dun cambio cultural e de valores que modifique as actitudes.

 A incorporación das mulleres ao mercado laboral, a permanencia no emprego e as súas condicións de traballo aínda están lonxe de producirse en condicións de igualdade.

 Un dos grandes retos para os vindeiros anos é a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade no ámbito doméstico e familiar. A desigual repartición das responsabilidades familiares e das tarefas do fogar constitúe un dos principais obstáculos para que a participación, a permanencia e a promoción das mulleres na esfera laboral se produza de forma plena.

 É indubidable que a plena igualdade no ámbito laboral só será posible se existe unha asunción equitativa do traballo doméstico e de coidados no ámbito do fogar. Temos que apostar por un modelo de sociedade corresponsable no que homes e mulleres compartan de maneira equilibrada responsabilidades domésticas e familiares, no marco do necesario cambio cultural en torno aos usos do tempo e de horarios máis racionais.

 Na actualidade, a conciliación e a xestión de traballos e de tempos é un problema que debe ser resolto tanto por homes coma por mulleres e debe ser facilitado e impulsado polas distintas administracións. Sen conciliación non hai crecemento sustentable nin social nin económico posible.

 Se un dos camiños que conducen ao emprego de calidade e ao benestar social son as políticas de conciliación, outro non menos importante é o da formación e o coñecemento. Precisamente pola inxusta distribución da responsabilidade da conciliación, moitas mulleres viron e aínda ven dificultada a súa inserción no mercado laboral e tamén as súas posibilidades de formación e desenvolvemento.

 Neste sentido, a loita contra a segregación horizontal do mercado de traballo é outro dos retos que é preciso enfrontar: é necesario impulsar a contratación de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, ao igual que a segregación vertical do mercado laboral, eses atrancos non visibles que se converten para as mulleres no chamado teito de cristal e que teñen como consecuencia fundamental a maior presenza feminina nos postos de menor responsabilidade e a diminución desa presenza a medida que se ascende na escala xerárquica.

 É fundamental seguir apoiando o liderado feminino e a presenza das mulleres en todas as esferas da sociedade, incluíndo os postos de decisión e influencia, á vez que cómpre seguir traballando para derrubar os obstáculos que dificultan a incorporación en condicións de igualdade e a promoción profesional das mulleres en ámbitos como o da ciencia, a cultura ou o mundo do deporte.

 Acadar a Igualdade real e efectiva é unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación. Para iso necesítase un consenso institucional, político e social que mostre, sen fisuras, o compromiso de todas as institucións coa sociedade para alcanzar os acordos que permitan avanzar chanzo a chanzo ata a igualdade.

 O Goberno galego manifesta a súa adhesión aos obxectivos que dende sempre se teñen perseguido na conmemoración do 8 de marzo e o seu apoio a todas as persoas que decidan participar nos actos reivindicativos que terán lugar este día contra todas as formas de discriminación, e en defensa da igualdade entre homes e mulleres.

IGUALDADE

Manifesto 8M  

O futuro é con nós
 


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego no Pazo provincial, coas mulleres que participaron no acto conmemorativo do 8 de Marzo
Foto: D.PO.

  Virginia Woolf dixo hai anos: "Non hai barreira, pechadura nin ferrollo que poida impoñer a liberdade da miña mente".  

 É precisamente esa liberdade, que todas recoñecemos como propia, a que nos fai saír de novo á rúa neste 8 de Marzo, xuntas, unidas, fortes e poderosas, para reclamar que o noso sentir diario acabe por converterse nunha liberdade real, unha liberdade plena e igualitaria.  

 Todas e cada unha de nós somos conscientes de que este movemento, inzado de sororidade, é o instrumento fundamental para reclamar o dereito fundamental de ser libres e iguais. O dereito de ser visibles.  

 E neste momento, no que voces que pretenden ser máis fortes que as nosas están cuestionando todos os dereitos e as liberdades que foron conqueridas pola loita das mulleres, ten que servir para alzar a voz e dicir alto e claro: nin un paso atrás, o futuro é con nós.  

 Temos que estar alerta, todas xuntas, unidas, porque tal e como nolo advertía Simone de Beauvoir: "non esquezades xamais que bastará unha crisis política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados. Eses dereitos nunca se dan por adquiridos. Debedes permanecer vixilantes durante toda a vosa vida".  

 Así que alcemos a voz. Digámoslle ao mundo que sen nós o mundo para. Que o futuro é con nós ou non será.  

 Alcemos a voz mentres o 67% das licenciadas en xornalismo sexan mulleres, pero tan só consigamos acadar un 27% nas direccións dos medios de comunicación.  

 Como dixo a xornalista Ana Pardo de Vera: "O xornalismo é feminista ou non é xornalismo. Non se pode dar unha visión honesta da realidade ignorando ao 52% da poboación".  

 Alcemos a voz mentres soamente haxa 2 mulleres no Tribunal Constitucional e ningunha na Sala de Goberno do Tribunal Supremo, a pesar de que o 53% das persoas xuízas son mulleres. 

 Gloria Poyatos, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias e presidenta da Asociación de Mulleres Xuízas de España, reclamou que "temos que reivindicar unha xustiza mais feminizada. Vivimos na cultura da igualdade simulada".  

 Non podemos calar mentres o 58% das persoas con titulación universitaria en España sexan mulleres, pero tan só sexamos o 19,4% dos órganos de dirección das empresas do Ibex.  

 "Hoxe son consciente de que dicir as cosas publicamente, de forma solidaria con outras mulleres, ten o poder de cambiar. Así que, cando falo, non o fago só por min mesma. Fágoo por todas as mulleres", di Ana Botín, presidenta do Banco Santander.  

 Alcemos a voz, porque mentres o discurso da nosa realidade se constrúe, move e transforma a través das redes sociais e as novas tecnoloxías para mudar o discurso machista imperante, as denuncias por incitación ao odio  relacionados coa discriminación por sexo e xénero suben un 70,8%.   

 "O discurso feminista estase facendo forte nas redes e a resposta machista é cada vez máis forte. Pretenden asustarnos e que nos vaiamos", dixo Cristina Hernández, ciberactivista feminista, logo de recibir un tuit cunha imaxe dunha pistola e que dicía "Xa estamos cansos de ti, puta, a única solución aos teus reclamos é a morte. Imos violar o teu cadáver, zorra".  

 Alcemos a voz mentres non rachemos coa fenda dixital e a pouca presenza das mulleres nas carreiras STEM, onde non chegamos ao 25% da matrícula; sen esquecer que en España as traballadoras só representan o 24% do sector tecnolóxico.  

 Hoxe recordamos o que di Irina Bokova, directora xeral da UNESCO: "unha sociedade sen enxeñaría e sen ciencia é unha sociedade sen progreso. Unha sociedade sen mulleres na enxeñaría e na ciencia é tamén unha sociedade sen progreso".  A

 lcemos a voz mentres a arte non se escape do androcentrismo, porque a arte sen a nosa mirada é unha arte sesgada.  

 "Os cambios da xestión cultural deben facerse da man do feminismo, poñendo no centro o desexo de experimentar a cultura máis aló do modelo hexemónico, branco, heterosexual e masculino", dicía María Bastarós, comisaria cultural e investigadora.  

 Pero sobre todo, alcemos a voz polas mulleres silenciadas coa violencia que exerceron sobre elas polo simple feito de ser mulleres, mulleres que foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas, que foron abusadas, violadas, prostituídas, violentadas.  

 Por todo iso aquí estamos, alzando a nosa voz, sorrindo e felices de que a igualdade ocupe o espazo que lle corresponde. Aquí estamos, unidas e fortes.  

 Alcemos a voz polas que xa non están, polas que van vir, por elas, por nós. Por todas. ¡Viva o 8 de marzo!

Nota da Redacción:
 Este manifesto institucional foi pronunciado no día de hoxe por Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

RECITAL DE POESÍA 

Chus Pato (acompañada de Juan Manuel Vázquez)
 
Sábado, 9 de marzo de 2019, ás 12:00 h., no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela – San Domingos de Bonaval), celébrase un recital de poesía a cargo da poeta Chus Pato, acompañada de Juan Manuel Vázquez.


 Chus Pato
Foto: Pablo Rivas

Infogauda / Santiago de Compostela

 Co gallo das actividades arredor do Día da Muller 2019, o Museo do Pobo Galego aprácese en presentar un recital de poesía a cargo de Chus Pato, que estará acompañada por Juan Manuel Vázquez. Este recital encádrase no marco da mostra “O Eco das Amazonas [Retablo-Pavana para unha muller oculta]”, de Baldomero Moreiras, e completarase o vindeiro día 21 cunha conferencia de Xosé Carlos Sierra Rodríguez que, baixo o título de “Se non é vero é ben trovato: as amazonas de Baldomero Moreiras”, porá o broche de ouro ao mes de marzo, mes dedicado ás mulleres. 

 Chus Pato é unha poeta galega e académica de número da Real Academia Galega. A súa poesía considérase das máis modernas e persoais da literatura actual. Poesía complexa, nutrida de moitas imaxes, escenarios e pegadas intelectuais e un modelo literario afastado de convencionalismos e implicado na busca constante de novos camiños para a expresión artística. 

 Juan Manuel Vázquez é vihuelista e profesor de música no IES Lama das Quendas de Chantada. É autor dun libro con poemas propios, que se acompaña dun CD con seis poemas interpretados polo propio autor acompañado coa vihuela, e otros tres que son cantigas de berce dedicadas á súa filla.

ARCOS DE VALDEVEZ

Município apoia Associações concelhias 

· Protocolos de atividade no valor de 54. 000,00 €  



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

A Câmara Municipal celebrou protocolos de apoio à atividade corrente com 13 Associações do concelho, no montante global de 54.000,00€. 

 A Autarquia continua a reconhecer o importante papel do movimento associativo no Concelho, pois ele é parceiro no desenvolvimento cultural, recreativo, juvenil, social e desportivo. 

 Para a autarquia é fundamental dar continuidade à cooperação, apoiando financeiramente e logisticamente as atividades promovidas pelas coletividades ao longo do ano. 

 A estes apoios à atividade corrente, a Câmara Municipal junta a colaboração em outros domínios, nomeadamente o apoio à construção, beneficiação e cedência de instalações, ou a aquisição de viaturas e equipamentos. 

 A Câmara Municipal pretende contribuir para que a comunidade tenha acesso a diversos serviços através das associações e das instituições que espalham dinamismo, atividade e são parceiros por excelência na promoção do desenvolvimento de Arcos de Valdevez

MOVEMENTOS SOCIAIS

A folga de mulleres ten unha importante incidencia, especialmente nos sectores máis feminizados da área pública 

Marga Corral: "Non imos permitir máis conmemoración hipócritas e baleiras de contido, facemos folga para que o poder entenda que non imos de farol nas nosas demandas"


CIG / Galiza

 Miles de galegas están a secundar a folga convocada pola CIG neste 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. Pero hai que lembrar que esta é unha folga que traspasa o ámbito laboral, afectando ao ensino (onde se agarda un seguimento masivo da folga por parte das estudantes), ao consumo e aos coidados.

 No conxunto do país, nestas primeiras horas da mañá, o seguimento da folga na sanidade pública é moi elevado, xa que só están entrando as traballadoras nomeadas en servizos mínimos e ten especial incidencia na Atención Primaria. Nos sectores máis precarizados e feminizados da Administración, como son os centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (residencias de maiores, centros de día e escolas Galiña Azul), o paro é masivo e un éxito rotundo, cinguíndose exclusivamente a cubrir os servizos mínimos impostos polo Goberno galego.  

 As traballadoras de ambulancias, que están na terceira semana de folga por un convenio colectivo digno, tamén se sumaron nesta xornada á folga de mulleres, reivindicando o seu traballo nun sector profundamente masculinizado.  

Seguimento salientábel en todos os sectores de actividades do todo o país  

 Na comarca de Vigo, a pesar do intento de moitas empresas por boicoteala, a folga está a ter un elevado seguimento. A limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro está a verse afectada a causa do paro de 24 horas, como tamén o servizo de cociña do centro médico vigués. Ao igual que a recollida do lixo (que xestiona a empresa FCC) e o mantemento dos parques e xardíns (do que se encarga Althenia). 

 No sector industrial hai que salientar a incidencia en empresas como Denso, GKN, Alonarti, Marsan, BorgWarner, Plastic Omnium, Asientos de Galicia, Viza, Alymosa, TRW, Domiberia ou Carchidea. Destacábel o seguimento da folga entre as traballadoras de Copo Galicia, tanto na quenda de noite como nesta da mañá. Outras empresas nas que está a ter impacto son algunhas de alimentación como Frigolouro, Cerqueira, Valcárcel, Orbe, Fandicosta, Mascato ou Conservas Rías Baixas e do téxtil como Bimba y Lola, Pili Carrera, Paz Rodríguez e Selmark. De igual xeito, rexístrase un elevado seguimento en empresas importantes do sector dos centros de chamadas como Bosch e Unísono.  

 Por último, empresas do transporte como Gefco ou Vitrasa tamén rexistran un importante seguimento, a pesar de que a concesionaria do servizo de autobuses do Concello de Vigo non lle comunicou os servizos mínimos ás súas traballadoras.  

 No caso de Pontevedra, a folga déixase notar en empresas de frío industrial situadas no Porto de Marín como Marfrio ou Cabomar. En Treves, firma do sector da automoción, o seguimento está a ser total, mentres que en Ferrovial, concesionaria da limpeza viaria sitúase en torno ao 80%. No caso de Acciona, que ese encarga da limpeza dos hospitais Provincial e Montecelo baixa ao 40%.

 Na área da Coruña a folga déixase notar na administración pública, pois están pechados todos os centros cívicos da cidade, a Casa Casares e a Casa María Pita. E tamén parte das traballadoras de axuda a domicilio se sumaron ao paro. Agárdase un seguimento importante no comercio e no comedor de Zara Loxística a maioría das  traballadoras van á folga, polo que non se poderán dar comidas. No sector industrial, as traballadoras de Celsa Atlantic da Laracha tamén foron á folga e o 50% da traballadoras de Ferroatlántica de Cee. En Extel e Atento, dúas das grandes empresas do sector de atención telefónica da Coruña, o seguimento supera o 85%.  

 Criticar a actitude obstrucionista da dirección do Hospital Quirón, que agardou até o último día para comunicar os servizos mínimos. De feito, a quenda de  noite foi notificada por teléfono ou correo electrónico e en moitos casos para as quendas da mañá e da tarde a comunicación fíxose mediante cuadrantes colgados nos taboleiros dos servizos polas/os seus responsábeis pero sen notificación personalizada á traballadora. Esta actuación vai ser denunciada pola sección sindical da CIG.  

 En Compostela, o 100% das traballadoras da cafetería do Hospital Clínico non acudiron aos seus postos. Arredor do 90% das empregadas do Concello de Santiago están en folga e máis do 50% das traballadoras de axuda no fogar do Concello de Brión e Ames. Caso salientábel o da condutora do lixo de Sogama, a única muller que hai neste servizo, que tamén está facendo folga.

 En Ferrol a esta hora o paro séntese entre as mulleres que traballan nos estaleiros de Navantia, onde houbo un piquete informativo ás portas da antiga Bazán, na fábrica de Einsa (As Ponte) e na planta de Indipunt (Narón). Rexístrase paro tamén en Arteixo Telecom, na Administración local, nas oficinas de Correos e en tres residencias da comarca o seguimento é do 100%.  

 Censurábel o comportamento do Concello de Mugardos, que notificou a dúas traballadoras para servizos mínimos no últimos momento e a través dunha mensaxe de texto, sen respectar o acordo alcanzado coa representación social sobre os mínimos, no que non se facía referencia a estas dúas empregadas. En reposta a esta actuación, esta mañá un piquete informativo acudiu ás portas do concello "para demostrar que as traballadoras non imos consentir este boicot".  

 Na provincia de Lugo, nas residencias de maiores de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Abeiro Gold hai un importante seguimento da folga, tal e como acontece tamén en Abante BPO, empresa do sector dos centros de chamadas e unha das máis grandes da cidade. En Monforte a folga de mulleres estase sentido amplamente no servizo de axuda no fogar e entre as traballadoras do Concello.  

 En Ourense, a folga de mulleres faise notar en empresas do sector dos centros de chamadas como Unitono e Contacnova ou en compañías da industria aeronáutica como Coasa.

Pór a problemática das mulleres no centro dos debates  
 Máis alá de porcentaxes, a secretaria de Mulleres da CIG, Margarida Corral, destaca que "o verdadeiro éxito desta convocatoria reside en que "as mulleres fomos quen de pór no centro dos debates as discriminacións e as violencias que sufrimos polo mero feito de sermos mulleres, ou a necesidade de que os coidados sexan asumidos como unha problemática que se debe abordar desde as institucións, sen depositar en nós a súa responsabilidade". E advertiu que "non imos permitir máis conmemoración hipócritas e baleiras de contido, que facemos folga para que o poder entenda que non imos de farol nas nosas demandas".  

 Margarida Corral puxo como exemplo da múltiples discriminacións que seguirmos a sufrir as mulleres no mercado laboral o caso dunha traballadora que, onte mesmo, chamou ao sindicato para denunciar que nunha contrata de Naturgy lle dixeron que non podían contratar a mulleres, a pesar de reunir a formación requirida para o posto de montadora, por non ter os vestiarios adaptados para elas.  

Chamamento a participar nas mobilizacións da CIG e de Galegas8M  

 A secretaría das Mulleres da CIG anima a secundar esta xornada de folga en todos os seus ámbitos e a participar activamente nas preto de 30 mobilizacións que a central sindical ten convocadas durante pola mañá por toda Galiza. Facemos un chamado tamén a participar na morea de mobilizacións que a plataforma Galegas8M organiza neste 8 de Marzo (pódense consultar as convocatorias nesta ligazón: http://galegas8m.gal/convocatorias/8m-2019/).