Concentración reivindicativa do 8M na Praza do Reló
· Unhas duascentas persoas participaron nela
A concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, na súa intervención no acto de hoxe
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Arredor dunhas duascentas persoas congregáronse este venres día 8 de maio de 2019 na Praza do Reló, nunha concentración reivindicativa a prol da igualdade real entre mulleres e homes, para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños de A Guarda, así coma membros do goberno local, leron manifestos e pronunciaron alegatos a favor do empoderamento feminino.
As conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 rematarán na vila de A Guarda o vindeiro xoves día 14 de marzo ás 20:30 horas no Centro Cultural coa proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade.»
Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario