FEIRA DE SAN GREGORIO
O sábado día 9 e o domingo día 10 de marzo, 2019
Ricardo Rodríguez Vicente / Pías (O Rosal)
Cando ainda non demos rematado o Entroido, xa estamos de novo noutra edición da tradicional Feira de San Gregorio. Será nesta fin de semana, cando ao son do Grupo de Gaitas A Boalleira, da Gándara, que percorrerá as rúas de Pías, todo o mundo saberá que este tradicional evento anual con moitas décadas de antigüidade, abrirase oficialmente ás 17:00 horas, cando as autoridades locais e membros da comisión veciñal, procederán á inauguración da feira, dando comezo á ampla programación desta edición.
Para a Feira de San Gregorio 2019, á organización veciñal tennos rosca de roxóns, que este ano acada súa XXII edición, e con certeza que haberá moitísimas persoas que terán seus padales facéndoselles auga na boca, con ese sabor que relémbranos ás que degustábamos en familia, na nenez e mesmo a adolescencia, e que facíanse no forno da casa.
Ademáis, arredor das 17:00 horas, dará comezo o V Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca. Haberá dúas modalidades: a tradicional e a innovadora.
Nisto das tortillas cada cociñeira/o un ten seu toque persoal. En todo caso, cada concursante ten que presentar ás súas. As inscricións son abertas e de balde. Compre ter en conta que unha vez comezado o concurso non se aceptan máis tortillas.
OBRADOIROS INFANTÍS
Pensando en todo tipo de público, os organizadores tamén tiveron en conta - ademais dos tradicionais asubíos - incluir actividades para os picariños. Dese xeito, haberá obradoiros infantís de maquillaxe e globoflexia. E ás 18:00 horas, haberá unha actuación dun contacontos.
A feira estará amenizada polo "Grupo de Amigos Os da Orde".
Como de costume haberá cantina con viños das adegas do Val do Rosal e tapas tradicionais: lamprea, chourizo, callos, orella,...
ACTUACIÓN ESTELAR DO ACTOR GALEGO FEDERICO PÉREZ
E arredor das 20:00 horas, comezará á actuación estelar do actor, guionista e monologuista galego Federico Pérez. Dito así, semella que trátase dunha persoa descoñecida, pero á realidade dínos todo o contrario, xa que é un artista con moito percorrido, a pesares de ser xoven, pois naceu o día 11 de setembro de 1976, en Alemania.
Federico Pérez Rey ten intervido en series da TVG, como Padre Casares, Air Galicia, O show dos Tonechos, Libro de Familia e Mareas Vivas,...
Desde abril de 2011 da vida o persoaxe Moncho, na serie da TVG Era visto! e hoxendía está participando no programa Malo será! que cada semana realízase nun teatro galego e emítese na canle da TV autónomica galega.
Asemade ten participado en varios filmes: 18 comidas, Retornos, Mar Adentro e Los fenónemos.
Tamén foi guionista nas series da TVG Terra de Miranda, Pequeno Hotel, O rei da comedia, As leis de Celavella, Máxima audiencia, Zapping Comando e O show dos Tonechos.
Así pois, será todo un placer poder presenciar en vivo e en directo a actuación de Fedeiro Pérez, que con toda certeza, tendo en conta á súa valía como actor, vai ser todo un espectáculo.
No que respecta á programación do domingo, voltará a actuar o Grupo de Gaitas A Boalleira e haberá polbo á feira todo o día.
Asemade, ao igual que o sábado, estarán abertas á exposición de fotografía sobre o equipo Unión Deportiva Ribera, e a XIV Exposición de Encaixe de Palillos e Palillada.
Tamén estará aberta á XIV Feira de Artesanía.
Arredor das 17:00 horas, comezará o espectáculo infantil Uxía Lambona e a Banda Molona.
E ás 19:00 horas, actuará o grupo folk Os Carapaus.
OS CARAPAUS
Carapaus
Foto: Culturactiva
Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010, integrado por Emilio Lois, gaiteiro da Baña, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais, como OCT Ultreia; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de Chouteira e colaborador de Malvela, entre outros; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional e coautor do libro Bailabén (Edicións do Cumio, 2010); Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Adrián Lareo (bombo e voz), gaiteiro e estudante de CAIM Gaita na Escola Municipal de Artes de Oficios (EMAO), de Vigo.
Baixo o manifesto "Somos ghaiteiros, somos revolusionarios", Carapaus pon toda a súa enerxía en mostrar a música tradicional galega, así como fornecer con pezas de composición de importante trazo tradicional o acervo cultural galego.
ACTOS DE CULTO NA CAPELA DE SAN GREGORIO
O sábado día 9 ás 19:30 horas, misa rezada.
E o domingo día 10, ás 10:00 horas, misa rezada. Ás 12:00 h., misa solemne con sermón e procesión acompañada polo Grupo de Gaitas A Boalleira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario