8 de mar. de 2019

SANTIAGO DE COMPOSTELA

RECITAL DE POESÍA 

Chus Pato (acompañada de Juan Manuel Vázquez)
 
Sábado, 9 de marzo de 2019, ás 12:00 h., no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela – San Domingos de Bonaval), celébrase un recital de poesía a cargo da poeta Chus Pato, acompañada de Juan Manuel Vázquez.


 Chus Pato
Foto: Pablo Rivas

Infogauda / Santiago de Compostela

 Co gallo das actividades arredor do Día da Muller 2019, o Museo do Pobo Galego aprácese en presentar un recital de poesía a cargo de Chus Pato, que estará acompañada por Juan Manuel Vázquez. Este recital encádrase no marco da mostra “O Eco das Amazonas [Retablo-Pavana para unha muller oculta]”, de Baldomero Moreiras, e completarase o vindeiro día 21 cunha conferencia de Xosé Carlos Sierra Rodríguez que, baixo o título de “Se non é vero é ben trovato: as amazonas de Baldomero Moreiras”, porá o broche de ouro ao mes de marzo, mes dedicado ás mulleres. 

 Chus Pato é unha poeta galega e académica de número da Real Academia Galega. A súa poesía considérase das máis modernas e persoais da literatura actual. Poesía complexa, nutrida de moitas imaxes, escenarios e pegadas intelectuais e un modelo literario afastado de convencionalismos e implicado na busca constante de novos camiños para a expresión artística. 

 Juan Manuel Vázquez é vihuelista e profesor de música no IES Lama das Quendas de Chantada. É autor dun libro con poemas propios, que se acompaña dun CD con seis poemas interpretados polo propio autor acompañado coa vihuela, e otros tres que son cantigas de berce dedicadas á súa filla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario