28 de dec. de 2019

TOMIÑO

VIOLETA DE SANTIAGO (VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO DE TOMIÑO): “VOTAMOS EN CONTRA DO ORZAMENTO PORQUE É IRREAL, CONTINUISTA, NON SOLIDARIO, E QUE FOMENTA A DESIGUALDADE ENTRE OS VECIÑOS E VECIÑAS DEPENDENDO DE ONDE VIVAN”
 
Violeta de Santiago, portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Tomiño

Infogauda / Tomiño

 O 26 de Decembro de 2019, a Corporación Municipal do Concello de Tomiño celebrou o derradeiro pleno ordinario do ano 2019. Nel debateuse o proxecto de orzamento municipal para 2020. O Grupo Municipal Socialista, trasladou a súa queixa ao considerar que nestas datas, coa interventora de vacacións e con moi pouca marxe para estudar a documentación polo miudo, este Goberno [municipal] demostra ter moi pouco talante democrático e ninguna empatía coa Oposición

 O voto das concelleiras socialistas foi en contra deste orzamento pois cren que está alterado ao incluir nel subvencións outorgadas pola Deputación de Pontevedra e Agader que suman preto de 500.000 euros. Polo tanto consideran que é irreal, continuista, non solidario, e que fomenta a desigualdade entre os veciños e veciñas dependendo de onde vivan

 Por esa razón, a concelleira Violeta de Santiago, portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Tomiño non dubida en afirmar:Os investimentos reais en servizos tan importantes como o saneamento ou o abastecemento de auga son claramente insuficientes e incoherentes coa defensa e posta en valor das traídas de augas, que os nacionalistas declaran na prensa. 

 O noso convencemento é que non se trata de gañar unha carreira para ver que concello aproba antes esta ferramenta, se non que ten que ser útil e dar respostas ás verdadeiras demandas da veciñanza

 As concelleiras socialistas votaron a favor da proposta de participación no pacto de alcaldes e alcaldesas polo clima e a enerxía, e tamén, como non podía ser doutra maneira, na moción presentada polo Centro San Xerome Emiliani instando a Xunta de Galicia a que normalice a situación de dous usuarios

 No eido da Cultura, Violeta De Santiago e Mirta Misa apoiaron a colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e aproveitaron para voltar a pedir que se achegue a cultura as parroquias, petición non atendida polo goberno do B.N.G., argumentando que a centralización é mais eficiente

 No apartado de Rogos e preguntas, preguntaron por qué non se activou o Plan Municipal de Emerxencias nestas últimas grandes borrascas; pola situación actual da gasolineira de Sobrada; polo estado ruinoso do pantalán de Sobrada, dende hai máis de seis meses. E rogaron que a Cabalgata de Reis sexa respectuosa co medio ambiente e teña en conta aos nenos e nenas que padecen algunha alerxia

 Por outra banda a Agrupación Socialista de Tomiño quere desexar un feliz, próspero e ventureiro ano 2020 a todas e todos os tomiñeses e transmitir a nosa ilusión e compromiso por facer un Tomiño máis igualitario. Un Tomiño mellor!

Ningún comentario:

Publicar un comentario