30 de dec. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

O ATLETA ÁLEX  SIERPES PEREIRA, DA  SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, DE TOMIÑO, DÁNOS UNHA NOVA ALEGRÍA

CONSEGUINDO BATER O RÉCORD AUTONÓMICO DE 1.000 METROS LISOS EN PISTA CUBERTA, CUN FABULOSO REXISTRO DE 3´04" 33 

Álex Sierpes Pereira, participou na serie de 1.000 metros masculino  P. C. Sub12-sub10, onde resultou, ser o claro e xusto vencedor da proba


Informa (fotografía e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 Este pasado domingo, no pavillón de Expourense, celebrouse o II control de marcas de pista cuberta de decembro de 2019, no que o noso atleta Álex Sierpes Pereira, participou na xornada matinal, na serie de 1.000 metros masculino  P. C. Sub12-sub10, onde resultou, ser o claro e xusto vencedor da proba, cun fantástico tempo de 3´04" 33. Con este rexistro Álex rebaixou o seu propio récord galego, que el mesmo ostentaba desde o 24 de febreiro de 2019, acadando daquela unha marca de 3´09" 96. Deste xeito, no día onte diminuíu en case 5" o devandito récord, onde quedará por un tempo escrito. 

 Cabe destacar tamén que a este atleta, quédanlle os días contados nesta categoría xa que cambiará para unha categoría superior - Sub-14 - na cal, desexámoslle que siga conseguindo moitas máis alegrías para o noso club. 

Felicidades Álex!

Ningún comentario:

Publicar un comentario