1ª Festa da Recreación Histórica Idade de Ferro na Galiza
Unha
actividade na que se tratou de conciliar a dimensión lúdica e o rigor
histórico
Contando coa colaboración desinteresada do persoal técnico do Museo Municipal de Etnografía e História de Póvoa de Varzim, e dun grupo de voluntarios desta vila portuguesa
Contando coa colaboración desinteresada do persoal técnico do Museo Municipal de Etnografía e História de Póvoa de Varzim, e dun grupo de voluntarios desta vila portuguesa
CMMVVMC / Camposancos
A Comunidade de Montes de Camposancos ten, entre os seus obxectivos, o de protexer e mellorar todas as manifestacións do patrimonio que se atopan dentro dos seus límites. Tratándose dun contorno tan singular como é o monte de Santa Tegra, dito patrimonio exténdese, ademais do ámbito forestal, ao histórico-artístico e arqueolóxico e ao cultural e turístico. Todos eles estreitan vínculos entre pasado e presente e, á súa vez, intégranse nunha unidade cultural e afectiva coas xentes que habitan as terras da outra beira do Miño.
Nese sentido, desde a Comunidade de Montes consideramos como un dos nosos cometidos, o coidado e mellora da nosa masa forestal autóctona en colaboración cos centros educativos do municipio para contribuír a despertar na nosa infancia e mocidade o amor á Natureza; o respecto e protección dos restos arqueolóxicos que se atopan nos seus límites, preservando ese legado para o desfrute e a investigación, e potenciar o seu interese turístico; ou o correcto uso e mantemento das diversas instalacións que son propiedade da Comunidade, ademais da promoción de diversas actividades culturais, musicais e literarias, ao longo do ano, dentro dun completo e variado programa de interese social e recreativo para o pobo de Camposancos e a vila da Guarda.
Nese marco de intervención e difusión sociocultural xurdíu a idea de celebrar a 1ª Festa da Recreación Histórica Idade de Ferro na Galiza. Unha actividade na que se tratou de conciliar a dimensión lúdica e o rigor histórico, contando coa colaboración desinteresada do persoal técnico do Museo Municipal de Etnografía e História de Póvoa de Varzim, e dun grupo de voluntarios e voluntarias desta vila portuguesa, coa que nos une a preocupación pola preservación das nosas manifestacións culturais, no campo da etnografía mariñeira e da arqueoloxía castrexa.
A 1ª Festa da Recreación Histórica Idade de Ferro na Galiza celebrouse o pasado día 22 de setembro, con moito éxito de participación por parte da cidadanía guardesa, como amosan de xeito elocuente as imaxes que ilustran esta crónica. A xornada completouse coa actuación do grupo Cé Orquestra Pantasma co seu espectáculo musical “A voar”, e co desenvolvemento de ARGALLANDO, un espazo de actividades e obradoiros creativos para os máis pequenos.
A nutrida asistencia e a aceptación tan positiva da actividade anímanos a organizar unha segunda edición que terá lugar o vindeiro 2020, para a que aínda non temos data.
Só resta agradecer a colaboración e a axuda prestada pola Dra. Deolinda Veloso Carneiro, directora do Museo Municipal de Etnografía e História de Pôvoa de Varzim; a José Flores Gomes, arqueólogo municipal e a Luis Diamantino Carvalho Batista, vicepresidente da câmara municipal, ademais do grupo de voluntarios e voluntarias figurantes; e a Agrupación de Protección Civil de O Rosal, polo seuapoioloxístico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario