A SITUACIÓN DA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL SERÁ TRATADA EN SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA
Que celebraráse o luns día 30 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
Logo de haber sido solicitada polos concelleiros da oposición (Partido Popular e Converxencia Galega), o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, mediante o Decreto nº 2019/1122, dispuxo convocar o Pleno da Corporación Municipal para celebrar unha sesión plenaria extraordinaria que terá lugar o día 30 de setembro de 2019, ás 20:00 horas, na Casa do Concello. A devandita convocatoria conta cun único punto: Expediente 2170/2019. Situación Rúa Concepción Arenal.
Dese xeito, todos os veciños, representantes de asociacións de comerciantes e empresarios, comerciantes, hostaleiros, industriais,..., que o desexen, teñen á oportunidade de asistir a esa sesión plenaria e escoitar ás explicacións pormenorizadas a todos os temas relacionados coa Rúa Concepción Arenal, que por parte de quen corresponda deberían dar á cidadanía.
Desde este xornal dixital transfronteirizo valoramos como moi positivo que o alcalde haxa tido a ben convocar a devandita sesión plenaria extraordinaria para ás 20:00 horas, porque é unha hora na que agás excepcións, á maioría das persoas poden acudir.
Por outra banda, convidamos a que todas ás persoas que teñan dúbidas, inquedanzas, preocupacións,... por todo o relacionado coa rúa Concepción Arenal, teñan a ben asistir a sesión plenaria e dese xeito, con toda probabilidade, recibirán á información máis fidedigna posible.
Información relacionada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario