OS CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN SOLICITAN Á CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO
Para tratar sobre á Rúa Concepción Arenal
No centro da imaxe Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, e Roberto José Álvarez Carrero, portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, xunto con catro concelleiros do PP, amosando a moción na que solicitan á convocatoria dun pleno extraordinario para tratar sobre a Rúa Concepción Arenal
Infogauda / A Guarda
Suscrita por todos os concelleiros da oposición municipal (Partido Popular e Converxencia Galega), ven de ser presentada no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, unha moción na que solicitan á Alcaldía á convocatoria dun pleno extraordinario para tratar - de xeito monográfico podemos decir - sobre á situación da Rúa Concepción Arenal.
Desde este xornal dixital transfronteirizo consideramos que á devandita solicitude de convocatoria dunha sesión plenaria extraordinaria para tratar sobre o devandito asunto, está debidamente xustificada, e ven amplamente motivada e razonada. E polas referencias de veciños e comerciantes que teñen manifestado verbalmente súas inquedanzas á Redacción deste xornal dixital, á solicitude dese pleno extraordinario responde a un clamor público.
Polo indicado no parágrafo precedente, e dado que moitos cidadáns demandan - lexítimamente - que por parte de quen corresponda, se clarifiquen varios aspectos directamente relacionados coa Rúa Concepción Arenal, sería moi razoable que á sesión plenaria fose convocada a unha hora na que calquer veciño poida asistir. É decir, non antes das 20:00 horas, xa que pola importancia dos asuntos a tratar, sería de moi mal gusto que á convocatoria dese pleno fose ás 8:30 horas. Polo tanto, confiamos en que á Alcaldía comprenderá perfectamente á conveniencia de fixar á hora do pleno para ás 20:00 ou 20:30 horas, a fin de que todas ás persoas (veciños, comerciantes, hostaleiros, representantes de asociacións,...) que desexen asistir non se vexan impedidas de podelo facer.
Dito isto, transcrebemos á solicitude conxunta presentada polos concelleiros do Partido Popular e da Converxencia Galega.
AO SR. PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA
Nós, D. ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, D. ÓSCAR ALONSO ÁLVAREZ, DÑA. MARÍA VANESA ALONSO GÁNDARA, D. JOSÉ ANTONIO BAZ LOMBA, DOÑA MARÍA ISABEL GUISANDE VILA, D. JOSUÉ ÁLVAREZ ALONSO e D. CELSO JUAN RODRÍGUEZ FARIÑAS, en calidade de concelleiros da Corporación Municipal do Concello de A Guarda perante o Sr. Presidente da Corporación Municipal do Concello de A Guarda comparecemos e, como mellor proceda, DECIMOS:
Que por mediación do presente escrito, e o amparo dos artigos: 1. 3. do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de A Guarda (29/10/99): “As sesións extraordinarias que soliciten alomenos a cuarta parte do número legal de membros da corporación convocaranse no prazo de catro días e terán lugar no prazo de quince días hábiles desde que fora solicitada”; 46. 2 da Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local: “Asimismo, el Pleno celebra sesión extraordinaria cuando así lo decida el Presidente o lo solicite la cuarta parte, al menos, del número legal de miembros de la Corporación, sin que ningún concejal pueda solicitar más de tres anualmente. En este último caso, la celebración del mismo no podrá demorarse por más de quince días hábiles desde que fuera solicitada”; e 78. 2 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales: “Son sesiones extraordinarias aquellas que convoque el Alcalde o Presidente con tal carácter, por iniciativa propia o a solicitud de la cuarta parte, al menos, del número legal de miembros de la Corporación. Tal solicitud habrá de hacerse por escrito en el que se razone el asunto o asuntos que la motiven, firmado personalmente por todos los que la suscriben”, solicitamos a CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO, en base aos seguintes motivos:
PRIMEIRO.- As obras da rúa Concepción Arenal da nosa vila comezaron en outubro do ano 2018.
SEGUNDO.- A fecha actual da presentación deste escrito, e que conste aos concelleiros asinantes, aínda non remataron as mesmas nin se teñen noticia de cando rematarán.
TERCEIRO.- As consecuencias socio-económicas desta obra están afectando de forma más que notable ao tecido comercial, vecinal e de turismo de A Guarda ao ser unha das arterias principais que vertebran a vida e circulación viaria e de mobilidade de A Guarda.
CUARTO.- Estes concellais asinantes, en más dunha ocasión, preguntaron plenariamente ao grupo de goberno actual, formado polo PSOE e BNG, cando ían rematar as obras, que sentido de circulación ou mobilidade ía ter, que zonas se ían peonalizar, porque se cambian sentidos, porque se cortan rúas, que sinais se van manter, que cambios se fixeron e acordaron no proxecto inicial, donde vai a estar o mobiliario urbano, etc. As respostas acadadas variaron en función da oportunidade política, deferindo ou delegando respostas en función dos concelleiros gobernantes do PSOE e do BNG, trasladándose recíprocamente as responsabilidades na competencia e desenrolo da rúa entre o grupo de goberno do PSOE e do BNG pero eludindo ambos o compromiso total da mesma e unha resposta concreta, e chegando incluso a tirar a responsabilidade a Deputación de Pontevedra (gobernada en coalición polo PSOE e BNG).
QUINTO.- Diversos colectivos sociais e veciñais da vila, reunidos con membros do grupo de goberno do PSOE e BNG constatan esta caótica situación de desgoberno, que amosa unha absoluta falta de criterio, cos perxuicios trasladados ao ben común dos vecinos e visitantes, chegando incluso a dicir os responsables do BNG que estaban experimentando como podería quedar a rúa, descoñecendo quen dirixe do grupo de goberno as rúas, etc.
SEXTO.- Ante esta situación de descoñecemento e perplexidade por parte dos veciños que claman respostas claras, precisas e que non afecten a súa vida e negocios, vémonos na obriga de solicitar a celebración dun PLENO EXTRAORDINARIO para coñecer exactamente estas diversas cuestións que acabamos de exponer someramente neste escrito.
SÉPTIMO.- Asemade, e o ser un tema importantísimo para o desenrolo do Concello de A Guarda, solicítase de maneira expresa que poidan particpar de maneira aberta e activa a veciñanza, asociacións, entidades constutuidas, etc.
OCTAVO.- Finalmente, solicítase de maneira expresa para dar cobertura a participación cidadá, se proceda a realizar o plenario ás 20:00 h da tarde para garantir asistencia pública ao mesmo.
Por todo o exposto,
SUPLICAMOS AO SR. PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA: que admita este escrito e, na súa virtude, se teña por SOLICITADA A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO nos términos legais e regramentarios anteriormente expostos e a inclusión no orden do día de esta sesión extraordinaria da propuesta deste concelleiros nos términos siguientes:
ÚNICO.- Situación Rúa Concepción Arenal (facendo especial fincapé nas seguintes cuestións:
1.1.- Comunicación e explicación plenaria pormenorizada, e por quen corresponda, da fecha de remate final da obra da rúa Concepción Arenal.
1.2- Comunicación e explicación plenaria pormenorizada, e por quen corresponda, do sentido de circulación ou mobilidade da obra da rúa Concepción Arenal.
1.3.- Comunicación e explicación plenaria pormenorizada, e por quen corresponda, sobre que zonas da rúa Concepción Arenal que se van peonalizar.
1.4.- Comunicación e explicación plenaria pormenorizada, e por quen corresponda, sobre as zonas colindantes ou rúas colindantes a rúa Concepción Arenal que se van peonalizar ou restrinxir ó tráfico.
1.5.- Comunicación e intervencións abertas e activas da veciñanza, asociacións, entidades constItuidas, etc. no plenario.
E xusticia que pedimos en A Guarda a 6/09/2019.
Fdo. D. ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO
Fdo. D. ÓSCAR ALONSO ÁLVAREZ
Fdo. DÑA. MARÍA VANESA ALONSO GÁNDARA
Fdo. D. JOSÉ ANTONIO BAZ LOMBA
Fdo. DOÑA MARÍA ISABEL GUISANDE VILA
Fdo. D. JOSUÉ ÁLVAREZ ALONSO
Fdo. CELSO JUAN RODRÍGUEZ FARIÑAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario