22 de maio de 2019

TOMIÑO

Taller de primeiros auxilios na primeira infancia

Este mércores día 22 de maio ás 16:00 horas no CRA Mestre Manuel Garcés

A acción forma parte do programa Medrando en Familia, do Servizo de Educación e Apoio Familiar
 

Infogauda / Tomiño
 
 Dentro da aposta pola mellora dos servizos sociais municipais que leva adiante o Concello de Tomiño e coma unha nova acción do programa Medrando en Familia do Servizo de Educación e Apoio Familiar, o vindeiro mércores levarase a cabo un taller de Primeiros auxilios na primeira infancia, a cargo do Servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Tomiño.  

 A sesión celebrarase ás 16:00h, no CRA Mestre Manuel Garcés. As persoas interesadas terán que anotarse a través da web co Concello ou chamando ao número de teléfono 986 622 001 en horario de 8 a 3. 

 Haberá servizo de gardería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario