18 de maio de 2019

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CONVOCA O XXXIII CERTAME DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN"

O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 15 de xuño de 2019

Feliciano Rolán Vicente


 Infogauda / A Guarda 

 A Agrupación Cultural Guardesa, entidade que preside Julia Sobrino González, ven de convocar o XXXIII Certame de Poesía "Feliciano Rolán", con arranxo ás seguintes bases: 

1.- Poderán presentarse poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán. 

2.- Os traballos serán orixinais e inéditos e comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O tema e a forma serán libres. 

3.- Cada concursante remitirá un máximo de dous poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin excederán dos 100 en cada poema. 

4.- Os traballos presentaranse mecanografados a dous espazos e por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada faranse constar os datos do autor así como o enderezo e número de teléfono. Os orixinais se remitirán ao seguinte enderezo: 

Rúa de Galicia, 41, 2º 
36780 A GUARDA (Pontevedra) 

5.- Xulgará o presente premio un xurado constituído por membros da Agrupación Cultural Guardesa e persoas relacionadas co mundo das letras. A súa composición darase á coñecer ao emitirse o fallo. 

6.- O fallo do xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación e comunicaráselle directamente aos gañadores. 

7.- O Premio "Feliciáno Rolán" de Poesía estará dotado con:

    PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa 
   SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa
    TERCEIRO PREMIO:  60 Euros e Placa

 A Agrupación Cultural Guardesá concederá un áccesit si o considera oportuno segundo o acordado na Asemblea do 16 de abril de 2009. 

8.- O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 15 de xuño de 2019. 

9.- Os Premios serán entregados nun Acto Cultural Poético que se celebrará no Centro Cultural da Guarda o día 29 de xuño de 2019 ás 20:30 horas. Non poden ser declarados desertos. 

10.- Non se manterá correspondencia sobre o concurso, e os traballos non premiados e plicas serán destruídos rematado o fallo do xurado. 

11.- Os traballos premiados quedarán en poder da Agrupación Cultural Guardesa, que poderá publicalos cando o considere conveniente sempre mencionando ao autor. 

12.- A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases, así como tamén a decisión do xurado parr algún caso non previsto nas mesmas. 

A Guarda, 15 de maio de 2019 

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS PERSOAS PREMIADAS OU BEN UN REPRESENTANTE NO ACTO DE ENTREGA 

Este Premio está patrocinado polo Excmo. Concello de A Guarda. 
Colabora: Deputación de Pontevedra

Ningún comentario:

Publicar un comentario