18 de maio de 2019

TOMIÑO

“O EFECTO VIOLETA É IMPARABLE”

Así o afirman Os Socialistas de Tomiño

Este sábado 18 de maio, ás 19:00 horas, mitin no Hotel Nueva Colina 
 
Violeta de Santiago, candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Tomiño, na súa intervención de onte no Centro Cultural de Figueiró


Infogauda / Tomiño

 Nun salon de actos do Centro Cultural de Figueiró cheo ata a barreira de veciños da parroquia e doutras conlindantes (Goián, Estás,...), os Socialistas de Tomiño presentaron o seu programa para gobernar os vindeiros catro anos con toda a ilusión e forza que os veciños día a día estánlle demandando. 

 Interviñeron o candidato nº 5  por Figueiró, Fernán Muñoz; a candidata nº 2 por Goián, Mirta Misa; e a candidata a alcaldía de Tomiño, Violeta de Santiago. 

 Están convencidos de que a partires do dia 26 de maio en Tomiño se vai a gobernar para tódolos veciños sexa cal sexa a parroquia onde viva, e por encima de todo con moita proximidade e moita, moita humildade.  

 Este sábado 18 de maio ás 19:00 horas, no Hotel Nueva Colina de Tomiño, e coa presencia de Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, o PSdeG-PSOE de Tomiño vai presentar as súas medidas e actuacións de gobernar para todos e administar uns orzamentos de xeito coas necesidades das parroquias e os seus veciños. 

 Intervirán o candidato nº 7 Alfonso Lorenzo, a candidata nº 2 Mirta Misa e a candidata a Alcaldia de Tomiño, Violeta de Santiago.  

 Día a día o Efecto Violeta e cara adiante é imparable, os nosos veciños así nolo manifestan, afirman Os Socialistas de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario