18 de maio de 2019

O GROVE

Alfonso Rueda: “Beatriz Castro é a mellor alcaldesa posible para dar un impulso a O Grove e liderar o cambio que precisa”  

• O presidente provincial, acompañado por Rosa Quintana, chama a unir o voto en torno ao PP como única alternativa ao actual goberno, suliñando que os populares “saen a gañar” 

• A candidata presenta parte do programa co que concorre ás eleccións, no que destaca a aposta polo emprego, potenciar o  turismo e especialmente impulsar o sector do Mar  
 
Infogauda / O Grove

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Beatriz Castro sería “a mellor alcaldesa posible para darlle a O Grove o cambio e o impulso que precisa para afrontar o futuro”. Nesta liña destacou o seu carácter traballador, o seu fondo coñecemento dun concello “polo que sinte paixón” e a súa capacidade de rodearse dun equipo de persoas valientes e preparadas para gobernar “desde o primeiro día”.  

 Durante a súa participación nun mitin xunto con Rosa Quintana e a candidata á Alcaldía de O Grove nas eleccións municipais do 26 de maio, Beatriz Castro, Rueda apelou a unir o voto en torno ao PP como única alternativa de cambio nesta localidade, suliñando a intención dos populares de sair a gañar, como no resto dos concellos da provincia.   

 Igualmente, destacou a ilusión e as gañas da candidata e do seu equipo, así como o ambicioso programa de goberno que porá en marcha no caso de ser elexido para devolver a O Grove ao lugar que merece como un referente non só para a provincia senón para toda Galicia. “Beatriz é unha persoa que ten todas as cualidades para ser unha gran alcaldesa. Das que sabe dialogar e negociar melloras e inversión para o seu concello en lugar de botarlle a culpa de todo aos demáis”.  

 Pola súa banda, Beatriz Castro explicou parte do programa co que se presenta ás eleccións do día 26 facendo especial fincapé nunha das súas propostas máis relevantes: a creación do Centro do Mar, que será “un revulsivo económico” e que ten a intención de poñer en valor ao sector bateeiro, aos mariscadores ou o traballo que se fai na Praza de Abastos ou na Lonxa.  

 “Trátase de abrir O Grove ao mar”, expuso a candidata popular, suliñando á importancia que ten todo o relacionado coa actividade mariñeira para a localidade, ao igual que o Turismo, que será outro dos piares fundamentales do seu programa de goberno para os vindeiros catro anos e que “urxe darlle un impulso para non seguir perdendo terreo”.   

 No caso de ser elexida alcaldesa, Beatriz Castro se comprometeu a rematar coa actual “falta de xestión” no Concello, así como a traballar de xeito incansable para favorecer o emprego, xa que actualmente O Grove ten unha taxa de paro “insostible”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario