Cesión de usos do Hotel Pazo Santa Tecla
A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS ESTÁ EN CONVERSAS CUN NOVO CESIONARIO
· Logo de que o representante da fundación ourensá, cuxa proposta fora aceitada, declinase continuar coas negociacions
Hotel Pazo Santa Tecla
Foto: Turismo de Galicia
Infogauda / Camposancos
En data 5 de xaneiro de 2019 este xornal dixital transfronteirizo informou a seus lectores que “O
futuro, a curto ou medio prazo, do establecemento hostaleiro coñecido
como Hotel Pazo Santa Tecla, de 1 estrela, ubicado a carón do Pico de
San Francisco - a cáseque 341 metros de altitude -, no Monte Santa
Trega, cuxa titular declinou continuar á explotación do mesmo; podería
mudar, sensiblemente nos vindeiros meses deste 2019. Así
se desprende a vista da acta da recente sesión celebrada pola xunta
reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de
Camposancos, presidida por José Fernando Martínez Martínez (...)”.
Como recóllese na devandita acta, correspondente a “(...) sesión
extraordinaria da xunta reitora da Comunidade de montes de Camposancos,
que reúnese na sala de xuntas, con todos os compoñentes, o día 28 de
decembro de 2018 as 19:00 horas para tratalo o único punto do día:
· A cesión de usos do Hotel Pazo Monte Santa Trega.
Despois de estudiar as ofertas recibidas para optar á cesión de usos do Hotel Pazo, decidimos por unanimidade aceptar a da “Fundación Casdemiro Julio Francisco Ogando (...)”.

Dese xeito, prevíase que fose esa entidade privada - a devandita fundación - a que desenvolvese o ambicioso proxecto hostaleiro no cumio do Monte Santa Trega, concretamente no Hotel Pazo Santa Tecla. A nova foi moi ben acollida pola cidadanía, máis segundo puido saber Infogauda, foi unha viaxe que, como prevíase inicialmente, ían compartir a empresa promotora e a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, cada unha no seu ámeto de responsabilidade; que desafortunadamente non chegou siquera a arrancar, toda vez que unha das partes decidiu non comezar o periplo. Se cadra, como di o refraneiro "para non marearse, mellor non embarcarse".
Segundo puidemos saber, un dos posibles viaxeiros comunicou cal foi o motivo do seu cambio de parecer, do mesmo xeito que entre coñecidos avisamos se hoxe imos o cinema, ou non, ou quedamos para tomar un café, poñamos por caso. Non fai falla - pola nosa parte, obviamente - sermos máis explícitos para intuir o método empregado nese caso, por iniciativa dunha das partes.
A transparencia informativa que invócase tanto, e que debera guiar toda iniciativa pública ou privada, sobor de todo cando pode repercutir positivamente tanto para a entidade promotora como na poboación onde vai desenvolver súa actividade, semella que non é unha aspiración compartida. Desde Infogauda pensamos que a transparencia debe ser un compromiso elemental, por simple ética persoal e corporativa.
O feito de haberse feito público que a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos hubese aprobado unha das dúas propostas presentadas, non debera ser motivo para que logo, pasados uns poucos días, recuar. Pero as veces e bó ter presente que estas cousas pasan, sobor de todo cando na proposta presentada xa se deixaba, de xeito bastante explícito, esa posibilidade, que visto o visto, confirmaríase. Ainda que non fose - na opinión da Redacción deste xornal - do xeito que sería máis elegante.
En todo caso, ese é un capítulo que xa está pechado. De feito sabemos que hai outra opción en marcha. Tanto é así, que xa houbo conversas in situ, nas propias instalacions do Hotel Pazo Santa Tecla, nas que ademáis dunha representación da empresa interesada e de membros da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, asistiu unha representante da Administración, e tamén participaron uns prestixiosos profisionais, cuxos nomes constánnos, si ben, polo de agora, pedíusenos que non os desveláramos.
A empresa interesada no Hotel Pazo Santa Tecla posúe, segundo díxenos, hoteis en varias ubicacions, e está valorando varias posibilidades en canto ao número de habitacions, e por conseguinte do proxecto arquitectónico. que finalmente queren desenvolver.
A preguntas dun redactor de Infogauda, José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, confirmounos a “existencia de conversas”, o tempo que tamén avanzou que por parte dos comuneiros “non hai presa. E se hai que agardar un tempo, agárdase. O importante é lograr un bó acordo”.

En todo caso, o vindeiro sábado día 23 de marzo de 2019, ás 15:00 horas (en 1ª convocatoria) e ás 17:00 horas (en 2ª convocatoria), na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos - Rúa Outeiro, 40 A (36788) Camposancos - terá lugar unha xunta xeral ordinaria da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, en cuxa orde do día, no punto 9º da mesma, figura o Hotel Pazo.
Dese
xeito, de novo as previsions son optimistas e todo apunta a que a remodelación do Hotel Pazo Santa Tecla
levarase a bó termo, si ben, polo de agora, é un pouco cedo para
concretar varios aspectos que á empresa interesada ten ainda por decidir respecto as actuacións arquitectónicas e o correspondente plan de negocio.
O que sí está claro é o potencial do Monte Santa Trega, como lugar de referencia turística de Galicia, non soio pola súa privilexiada situación xeoestratética, senón polos múltiples atractivos que posúe, tanto a nivel arqueolóxico e patrimonial, como a nivel paisaxístico. De feito o Hotel Pazo Santa Tecla conta cunha traxectoria na que inclúense á celebración de eventos de diversa índole (Congresos Gallaecia, actos de campañas electorais, banquetes,...), e por suposto, á actividade propia dun establecemento con servizo permanente ao longo de todo o ano, tanto de cafetería, como de restaurante e de hotel.

Ningún comentario:
Publicar un comentario