O Concello de A Guarda estrea un remolque lavacontedores para manter a limpeza dos contedores todo o ano
• A máquina permite realizar mellor a limpeza e desinfección, interna e externa, dos contedores
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda conta con nova maquinaria de limpeza: un equipo de lavacontedores.
Este equipamento está montado sobre un remolque homologado para facilitar o seu transporte e mobilidade pola vía pública.
"Con esta nova adquisición - indican desde o goberno local - , poderanse manter os contedores de residuos desinfectados e sen cheiros durante todo o ano, o que contribúe a unha maior limpeza das nosas rúas.
Este equipo pode lavar un contedor grande ou dous contedores pequenos á vez, cunha bomba de alta presión. Ademais, dispón dunha mangueira de 15 metros para realizar o lavado exterior dos contedores e da zona onde se localizan".
A adquisición deste remolque lavacontedores contou coa subvención da Deputación de Pontevedra, dentro do Plan +Provincia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario