4 de nov. de 2025

A GUARDA

 Qué farías se tiveras un espazo pensado para tí?



Outrora / A Guarda 

 Es unha persoa LGTBIQA+ e vives na Guarda ou arredores?

 Estamos a imaxinar un espazo novo, creado dende e para a nosa comunidade. Un lugar onde sentirnos benvides, visibles e acompañades.  

 Queremos comezar cun encontro aberto: un momento para coñecernos, compartir experiencias e pensar xuntes que cousas nos gustaría ter preto: apoio, actividades, cultura, lecer, rede... Todo aquilo que nos axude a vivir con orgullo!  

 Non é un obradoiro nin un grupo pechado. É unha conversa aberta para soñar en común o que poderiamos construír aquí, na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario