15 de feb. de 2019

OIA

VOLUNTARIADO DE PLANTACIÓN A JALLEIRA 2019 


  
Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira

 Dende A Jalleira convidámosvos a participar no noso voluntariado anual de plantación o domingo día 17. Este ano vai ser nos montes de Oia, no lugar da Salgosa, preto do miradoiro da estrada Oia-A Valga. 

 Neste voluntariado contamos coa colaboración da CMVMC de Oia e a parella formada por Raquel e Darío pola doazón de parte da planta como conmemoración do seu casamento. 

 Plantaranse uns 500 árbores de especies autóctonas e de ribeira. 

 Ao terminar a plantación haberá comida e bebida para todos os participantes. 

 Os asistentes que acudan ao voluntariado deberan se é posible traer algunha ferramenta para a plantación. 

Prazas limitadas 

Día: 17 de Febreiro do 2019 
Punto de encontro: Casa Cultural de Oia. 
Hora: 10:00h

Ningún comentario:

Publicar un comentario