15 de feb. de 2019

LABORAL

O PERSOAL DA TENDA DE VODAFONE DA GRAN VÍA CONCENTRARASE ÁS PORTAS DO ESTABLECEMENTO

· O comité de empresa de Vodafone en Vigo convoca unha mobilización para o luns día 18 de febreiro

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Vodafone en Vigo convoca unha mobilización este luns 18 coincidindo coa nova folga de 24 horas que terá lugar durante esa mesma xornada para rexeitar os despedimentos anunciados pola dirección. A concentración desenvolverase no farol de Urzaiz de 11:00 a 13:00 horas.  

 Previamente, este mesmo sábado día 16, o persoal da tenda de Vodafone da Gran Vía concentrarase ás portas do establecemento, que permanecerá pechado, de 12:00 a 14:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario