POSIBLE AMPLIACIÓN DO CEMITERIO DE A GUARDA
· Este sábado día 9 de febreiro, ás 10:00 horas, na entrada do cemiterio haberá unha reunión
Infogauda / A Guarda
Para este sábado día 9 de febreiro de 2019, ás 10:00 horas, na entrada do cemiterio parroquial de A Guarda, está anunciada unha reunión para tratar sobre a posible ampliación do mesmo.
Segundo se indica no anuncio exposto no taboleiro que hai á entrada do devandito cemiterio, e que reproducimos nesta información, a idea é facer unha sondaxe da cantidade de nichos que necesítanse, xa que cantos mais sexan máis baratos serán.
As características serán:
3 alturas, lápidas en mármore rematadas, alumeado en todo o cemiterio, tellado con cámara de aire, cinceiros e nichos especiais para cinzas.
Agárdase á máxima asistencia.
Desde Infogauda entendemos que a ampliación do cemiterio é unha vella e lexítima aspiración de moitos veciños de A Guarda, pois cónstanos que algunhas familias víronse na necesidade de ter que mercar sepulturas noutras parroquias da contorna, como por exemplo en Camposancos (A Guarda) e San Miguel de Tabagón (O Rosal), cando de haberse ampliado o cemiterio de Sestás, hubéranas adquirido eiquí.
En todo caso, animamos a que tódalas persoas que desexen acceder a sepulturas, acudan a reunión deste sábado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario