A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda abrirá o espazo comunal de Chans Novo como zona de aparcadoiro
• Co obxectivo de facilitar a asistencia á etapa final de O Gran Camiño no Monte Trega
Infogauda / A Guarda
Este venres, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda fixo público á seguinte información:
"A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda informa que o espazo comunal de Chans Novo será aberto e posto a disposición da veciñanza como zona de aparcadoiro, co obxectivo de facilitar a asistencia á etapa final de O Gran Camiño no Monte Trega.
Esta apertura é posible grazas á colaboración do Concello da Guarda, que asumiu os traballos de limpeza e preparación do terreo, permitindo que o espazo reúna as condicións necesarias para o seu uso.
Lémbrase que o acceso ao monte permanecerá pechado ao tráfico a partir das 12:00h, polo que se recomenda planificar a subida con antelación.
* A Comunidade de Montes non se fai responsable de danos, roubos ou calquera incidencia que poida afectar aos vehículos estacionados".

Ningún comentario:
Publicar un comentario