15 de abr. de 2026

O ROSAL

O Rosal redescubre a súa memoria coa presentación do libriño ‘História de um sacrilégio’   

•  O acto será este venres, 17 de abril ás 19.30 horas na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón  




Infogauda / O Rosal

 A historia cobra vida cando se comparte en comunidade e se transforma en relato colectivo. O Rosal acollerá este venres, 17 de abril, ás 19.30 horas, no salón da Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón a presentación do libriño História de um sacrilégio, unha cita cultural que convida á veciñanza a achegarse ao pasado e reflexionar sobre a identidade do territorio. 

 O acto está organizado pola Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández, coa colaboración do Concello do Rosal, da propia SRC de San Miguel e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Niño do Corvo. 

 Durante a presentación intervirán Mané Villa, en representación da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández, unha persoa representante da Comunidade de Montes e a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, que animou á veciñanza a participar nesta iniciativa que permite manter viva a memoria local. “É fundamental apoiar e participar en propostas que nos conectan coa nosa historia e coas nosas raíces. Este tipo de encontros enriquecen a vida cultural do Rosal e fortalecen o sentimento de comunidade”, recalcou. 

 A presentación de História de um sacrilégio converterase así nun espazo de encontro arredor da cultura, a memoria e a identidade compartida, aberto a toda a veciñanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario