Estanse a levar a cabo os Programas de promoción da saúde
No IES A Sangriña, de A Guarda e no IES Antonio Alonso Rios, de Tomiño
Alumnas/os do IES A Sangriña
Alumnas/os do IES Antón Alonso Ríos
Equipo Técnico de Érguete Baixo Miño / A Guarda
Dende a Asociación Érguete Baixo Miño, neste curso escolar 2018/19, estanse a impartir tanto no IES A Sangriña, de A Guarda, como IES Antonio Alonso Rios, de Tomiño, talleres educativos para promover hábitos e estilos de vida saudables, así coma información básica sobre adiccións co obxectivo de prever conductas de risco nun futuro.
Cada taller ten unha duración de cinco sesións, polo que durante mais mes se traballa cos distintos grupos, sempre adaptándose as características individuais de cada un.
Co alumnado de 2º da ESO (IES Antonio Alonso Rios de Tomiño) traballamos as habilidades sociais e a autoestima, sen embargo, cos rapaces e rapazas de 1º e 2º FPB (IES Antonio Alonso Rios de Tomiño) e 3º ESO (IES A Sangriña de A Guarda fanse actividades sobre os riscos das drogas, mitos, diversión saudable e habilidades de afrontamento. Trátanse dunhas idades moi vulnerables e de gran influencia para o seu desenvolvemento físico, psíquico e social.
Os programas de Intervención Socioeducativa na Aulae Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo? que é onde se engloban estes talleres, atópanse financiados pola subvención da Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e por fondos propios da entidade.
Estas accións están dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño, de maneira altruísta, ven ofrecendo dende os seus inicios no ámbito escolar e que ano tras ano teñen moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozos e mozas aos que vai dirixido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario