1 de feb. de 2019

A GUARDA

CULTURA

Alumnado de primaria participou na actividade “Cinema nos Coles”

· Organizada pola Concellería de Cultura do Concello de A Guarda


Vista parcial dos asistentes á sesión enmarcada no ciclo de “Cinema nos Coles”
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 Un ano máis a Concellería de Cultura do Concello de A Guarda organizou unha proxección de cinema enmarcada no ciclo de “Cinema nos Coles” que contou coa participación do alumnado de primaria dos Centros Educativos do municipio. 

 Esta actividade tivo lugar no salón de actos do Centro Cultural, onde se realizou a proxección da película “Wonder”, na que August, un neno que naceu cun problema de deformidade facial, afronta a súa chegada á escola por primeira vez. Trátase dunha historia de integración e superación persoal.  

 “Cinema nos Coles” é unha actividade de carácter anual na que se convida a participar aos diferentes centros de ensino de A Guarda, promovendo unha oferta de cinema en gran formato para nenas e nenos do municipio, sempre tendo en conta unha temática de interese e axeitada á idade dos asistentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario