O Concello amplía o horario de atención do Punto Limpo
O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de anunciar un cambio de horarios na atención que se presta aos cidadáns no Punto Limpo do municipio, ampliando o horario de apertura de xeito que se facilita o acceso a este servizo.
A partires do luns día 4 de febreiro de 2019 o horario do Punto Limpo de A Guarda será o seguinte:
· Luns, martes, xoves e venres, de 8:00 a 14:00 horas
· Mércores, de 8:00 a 18:00 horas
· Sábados, de 8:30 a 13:30 horas
O Concello de A Guarda considera que con esta ampliación do horario do punto limpo mellorarase o servizo e facilitarase tamén a reciclaxe, dentro da folla de ruta da Estratexia Europea 2020 e nas medidas recollidas no paquete de economía circular.
Deste xeito, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda continúa coa mellora das taxas de reciclaxe, contando ademais cun dos puntos limpos de referencia a nivel autonómico.
O Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos, accións que van en consonancia co Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR).
Ningún comentario:
Publicar un comentario