13 de abr. de 2026

A GUARDA

Lacena acollerá a presentación da nova novela de Marisa Castro “Soño de liberdade” 

O evento terá lugar este xoves 16 de abril ás 20:00h en Lacena • comida espida • e estará aberto a toda a veciñanza 


Noé Ferreira Rodríguez / A Guarda

 A escritora e investigadora Marisa Castro presentará este xoves, 16 de abril, ás 20:00 horas, a súa nova novela, “Soño de liberdade” (Hércules de Ediciones), nun encontro aberto ao público que se celebrará no espazo Lacena (Concepción Arenal 75, A Guarda), coa colaboración da Libraría Atlántica e do Centro Social Fuscalho. 

 A obra, ambientada na Galicia rural, afonda na historia dunha muller adiantada ao seu tempo, que loita por vivir en liberdade nun contexto social marcado polas limitacións e os roles tradicionais. A novela combina memoria, identidade e reivindicación, ofrecendo un retrato íntimo e ao tempo colectivo dunha época e dunha realidade que aínda resoa na actualidade. 

 Con “Soño de liberdade”, Marisa Castro consolida unha voz narrativa comprometida coa visibilización das historias femininas e coa recuperación da memoria social, nunha liña literaria que conecta co público pola súa sensibilidade e autenticidade. 

 O evento será unha oportunidade para achegarse á autora, coñecer de primeira man os detalles da obra e compartir unha conversa arredor da literatura, a memoria e o papel das mulleres na historia recente de Galicia.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario