19 de nov. de 2020

A GUARDA

O Concello comunica que A Guarda atópase na zona de especial vixilancia por risco en relación á influenza aviaria en aves 

•    Os veciños que teñan aves de curral, deberán proceder a inscribir o seu curral nun rexistro administrativo. 

 


Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, xoves 19 de novembro de 2020, o Equipo de Goberno do Concello de A Guarda, fixo público o seguinte comunicado:

 Desde finais do mes de xullo detectouse en varios países do leste de Europa a circulación de virus da influenza aviar de alta patoxenicidade (en diante IAAP) do serotipo H5N8 tanto en aves domésticas coma silvestres.  

 É necesario sinalar en primeiro lugar que o serotipo H5N8 circulante non ten carácter zoonótico, é dicir non se transmite ás persoas nin lles produce ningunha enfermidade.  

 A actual situación epidemiolóxica supuxo un cambio na valoración do risco de aparición desta enfermidade en España, de xeito que á data actual considérase que existe un risco alto de detección do virus da IAAP nas zonas previamente determinadas como zonas de especial risco (ZER), e de risco moderado nas zonas determinadas como zonas de especial vixilancia (ZEV), onde se atopa incluído, entre outros, o Concello da Guarda.  

 En relación á obriga para as persoas titulares de currais familiares de autoconsumo en concellos ZEV de inscribir o seu curral nun rexistro administrativo, a disposición da Consellería do Medio Rural, cómpre lembrar que a única finalidade deste rexistro e ter constancia da existencia do curral, por se fora necesario nunha situación de emerxencia sanitaria nas aves. 

 Este rexistro pode realizarse por diversas vías:  

-    Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada), cubrindo o formulario MR 501A – Inscrición no rexistro de explotacións avícolas non comerciais. Xúntase modelo para o seu coñecemento e uso se o consideran.

(https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR501A&ano=2015&numpub=1&lang=gl)  

-    Nas Oficinas Agrarias Comarcais (OAC) da Consellería do Medio Rural.  

-    No propio concello para posterior traslado á OAC de pertenza.  

-    Por calquera dos sistemas habilitados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario