A unidade móbil de doazóns de sangue visitará a vila
· Estará instalada a carón do Centro Cultural, o venres día 8, todo o día, e o sábado día 9 de febreiro, pola mañá
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na vila de A Guarda o vindeiro venres día 8 e sábado día 9 de febreiro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres día 8 de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:30 ás 21:00 horas; e o sábado 9, de 10:00 a 15:00 horas.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadás, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario