14 de xan. de 2019

A GUARDA

A ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI PON EN MARCHA O PROXECTO “XE-MENTE – AS SEMENTES DA DIVERSIDADE”

· Que conta cun orzamento total de 217.479,98€

Infogauda / A Guarda

 A Asociación San Xerome Emiliani pon en marcha o proxecto “XE-MENTE – Las semillas de la diversidad”, un proxecto ambicioso, financiado pola FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD (Ministerio para la Transición Ecológica) con fondos FSE, no marco do PROGRAMA EMPLEAVERDE 2018, que conta cun orzamento total de 217.479,98€.

 O obxectivo do proxecto é xerar "emprego verde" inclusivo, e para conseguilo imos implementar un itinerario de capacitación de perfís verdes composto por 10 Accións formativas, dirixido a grupos de participantes desempregados do Baixo Miño, con e sin diversidade intelectual e/ou funcional, ata o momento non realizado en Galicia, onde a Inclusión é un dos principais retos.  

 XE-MENTE ofrece un total de 135 prazas formativas, asumindo San Xerome un compromiso de xeración de emprego verde de, alomenos, o 10% dos destinatarios netos do proxecto. Consideramos que este proxecto xerará un grande impacto, non só a nivel de xeración de novos perfís profesionais verdes e emprego, senon tamén a nivel de visibilidade, tanto da nosa Entidade como do noso territorio, o Baixo Miño.  

 A Asociación San Xerome agradece a máxima difusión do proxecto, para que poida chegar a todas aquelas persoas desempregradas do noso territorio que estean interesadas en participar.

XE MENTE LAS SEMILLAS DE LA DIVERSIDAD

RESUMO DO PROXECTO A ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI 

– XE MENTE - As sementes da diversidade”, nace para dar resposta a unha problemática: 

· a falta de capacitación das persoas con diversidade; 
· a escaseza de oferta formativa variada e especializada para este colectivo (sobre todo en emprego verde); 
· as reducidas posibilidades de atopar emprego nos territorios rurais de referencia (Baixo Miño); 
· as dificultades de inserción socio-laboral das persoas con diversidade;
· as escasas iniciativas formativas inclusivas ás que poden acceder, habitualmente  segregadas para persoas con e sen diversidade. 

 Á súa vez,  XE-MENTE atende a unha serie de necesidades: 

· ofrece unha nova oferta de capacitación profesional vez natural, sinxela e accesible, ata o momento inexistente no noso territorio.
· capacita a grupos formados por persoas con e sen diversidade nun ambiente de aprendizaxe aberta e inclusiva, ata o momento inexistente. 
· xera novos perfís profesionais que contruibuirán a crear empregos verdes inclusivos que axudarán á súa vez a preservar a riqueza dun ecosistema auto sustentable; favorecendo a valorización e preservación de especies autóctonas mediante a valorización das súas sementes.

 O acrónimo do proxecto xoga cunha dualidade: XE - MENTE é a unión de Xerome e semente, que galego significa semente.  

 XE-MENTE valor das súas sementes, de forma simbólica representa a primeira semente da diversidade Xerome, para conseguir xerar un rico e variado horto de Plena Inclusión. 

 XE-MENTE, ademais dunha oportunidade de capacitación profesional das persoas, será un observatorio de innovación social no que se construirán vencellos entre esferas que a cotío, no noso entorno camiñan en paralelo (persoas con diversidade e sen ela), e raras veces da man. Este espazo-tempo de traballo e ensino-aprendizaxe conxunta, servirá para xerar os primeiros e fundamentais elos dunha ambiciosa cadea de Plena Inclusión socio laboral das persoas con diversidade, obxectivo e meta do traballo cotiá de San Xerome.

OBXECTIVO 

 O obxectivo principal do proxecto é xerar emprego inclusivo.

 O devandito obxectivo conseguirase mediante a capacitación e cualificación intelectual de persoas con e sen diversidade funcional intelectual e/ou intelectual en materia de producción sostible de productos como herbas medicinais, árbores, flores, plantas ornamentais, hortalizas e froitas; contribuíndo a preservación no tempo das especies autóctonas mediante a valorización das súas sementes.

ITINERARIO FORMATIVO 

Para atender ás necesidades identificadas e alcanzar os obxectivos expostos, XE-MENTE propón un itinerario formativo de capacitación de perfís verdes, dirixido a grupos de participantes con e sin diversidade, ata o momento non realizado en Galicia, onde a Inclusión é un dos principais retos.

 XE-MENTE propón 10 Accións formativas verdes inclusivas de interese:

1) Formación de co-formadores. Capacitación de persoas con diversidade intelectual/funcional que impartirán a parte práctica do resto de accións formativas. 

2) Capacitación sobre herbas medicinais autóctonas e as súas sementes. 

3) Capacitación sobre especies arbóreas autóctonas e as súas sementes. 

4) Capacitación sobre plantas ornamentais e as súas sementes. 

5) Capacitación sobre horticultura ecolóxica e as súas sementes. 

6) Capacitación sobre fruticultura ecolóxica e as súas sementes. 

7) Capacitación para a creación e xestión dun horto ecolóxico.

8) Capacitación para a elaboración de compostaxe orgánica. 

9)  Ecodiseño de sementeiros e recipientes biodegradables.

10) Capacitación sobre comercialización de produtos de horta ecolóxica (física e  en liña). 

 As actividades formativas realízanse en 2 rexións: Galicia e Canarias. 

ESTRUTURA DAS ACCIÓNS FORMATIVAS: 

 A aprendizaxe será eminentemente práctica. Se intercalarán sesións de teoría en aula, sesións prácticas en aula e saídas de campo, a distintas zonas e/ou empresas de interese do territorio do Baixo Miño.  

METODOLOXÍA 

 O proceso de ensino-aprendizaxe baséase na metodoloxía aberta da aprendizaxe cooperativo que favorece que todas as persoas participantes poden aprender das demais, respectando o  ritmo da aprendizaxe particular de cada un. 

DESTINATARIOS 

 Persoas desempregadas, con ou sen diversidade intelectual e/ou funcional Baixo Miño. 

PRAZAS FORMATIVAS OFERTADAS E EMPREGO XERADO 

 O itinerario ofrece un total de 135 prazas formativas. Existe un compromiso de xeración de emprego verde do 10% dos destinatarios netos do proxecto. 

DURACIÓN DO PROXECTO: DE XANEIRO A NOVEMBRO 2019 

LUGAR DE IMPARTICIÓN: 

Baixo Miño (Pontevedra) e Lanzarote 

Ningún comentario:

Publicar un comentario