14 de xan. de 2019

A GUARDA

CULTURA

Entregados os premios aos mellores lectores 

Da Biblioteca Pública Municipal da Guarda no ano 2018  

A concelleira de Cultura e Educación, Mª Elena Baz Rodríguez - no centro da imaxe - coa bibliotecaria municipal, Marisol Diz Amil e os tres premiados cos seus correspondentes lotes de libros de agasallo
Fotos: C.A.G. 

Infogauda / A Guarda

 Co gaio do Día do Usuario/a das Bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda agasallou aos tres lectores que máis libros leron no ano 2018 nas categorías xuvenil, infantil e adulto. 



 O pasado sábado día 12 de xaneiro, os lectores premiados recibiron da man da concelleira de Cultura e Educación, Mª Elena Baz Rodríguez, un lote de libros adaptados ao seu perfil lector, incentivando e promovendo unha vez máis a cultura da lectura entre a cidadanía guardesa.  

 Premiadas/os: 

Categoría adulto: María del Carmen Filgueira Alonso
Categoría xuvenil: Pablo Martínez Da Silva 
Categoría infantil: Andrea González Alonso 

Ningún comentario:

Publicar un comentario