27 de ago. de 2018

A GUARDA

CRÓNICA DUNHA GRATA VISITA Á CIDADE DE PÓVOA DE VARZIM

· A excursión foi organizada pola Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro


A delegación guardesa no Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O domingo día 26 de agosto de 2018, a Asociación Cultural de Embarcacions Marítimas Piueiro, de A Guarda, fixo unha excursión a Póvoa de Varzim (Portugal). A iniciativa enmárcase dentro do programa de actividades previas o XIV Encontro de Embarcions Tradicionais de Galicia que se desenvolverá na Guarda, do 11 ao 14 de xullo de 2019.

 De acordo co cartel anunciador da excursión, á saída desde A Guarda, foi ás 9:00 h., desde a Praza de Avelino Vicente González. Unha hora despois, o autobús chegaba felizmente a cidade poveira, deixando os excursionistas no Bairro da Matriz.

 Seguindo as indicacions dos directivos da Asociación Piueiro, que acompañaban os viaxeiros, ás 10:00 h. había que estar diante do Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, situada nunha casa brasonada, denominada Solar dos Carneiros, reconstruída na segunda metade do século XVIII por Manuel Carneiro da Grã Magriço, na rúa Visconde Azevedo, nº 17.

 Ata á hora acordada, á delegación de veciños da Guarda, tivo oportunidade para tomar un café, un refresco, ..., dar un paseo ata Igrexa Matriz, apreciar as súas artísticas portas principais, fundidas en bronce, que entre outras alegorías, inclúen unha lembranza o insigne poveiro Manuel Lopes; observar o interior da igrexa, por medio dunha cristaleira situada na porta seguinte á da entrada, que permite a visión sen necesidade de interromper ás celebracions litúrxicas; ollar o inmoble onde estiveron os antigos Paços do Concelho, e mesmo conversar coa xente poveira, sempre disposta a axudar a quen lles pregue información.

 E logo, un pouco antes das 10:00 h. - hora galega -, os excursionistas chegamos ata á entrada do Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, onde nos agardaban Dna. Deolinda Carneiro, directora do Museo, e seu esposo, e D. José Manuel Flores Gomes, arqueólogo municipal, ademáis dunha xoven recepcionista, empregada do Museo.

 Logo dos correspondentes saúdos de benvida, á delegación veciñal guardesa foi pasando o interior do inmoble, facendo dous grupos, tendo como guías a Deolinda Carneiro e José Manuel Flores, respectivamente.

 Sen ánemo de ser exhaustivos, porque non é esa nosa pretensión informativa, podemos afirmar que os visitantes fomos atendidos con un trato exquisito, recibindo moita información sobor do contido de cada sala que visitamos (etnografía marítima, brinquedos, fotografía, vestiario tradicional poveiro; ferramentas de carpintería de ribeira, de ourives,..., vivenda dos pescadores, evocación do antigo balneario de augas de mar, arqueoloxía – con materiais líticos, cerámicos, metálicos,..., procedentes da Cividade de Terroso -, gabinete de António Santos Graça – autor, entre outras, da obra O Póveiro - Usos, costumes, tradicions, lendas (Póvoa de Varzim, 1932), con lembranza a António Augusto da Rocha Peixoto, brillante escritor, que foi o inspirador dese magnífico e impagable traballo de recolla etnográfica, que A. Santos Graça levou a bó termo.

 A visita guiada tamén nos permitiu coñecer espazos e bens que outrora foran de uso privado dos antigos casais, como por exemplo á cociña, enxoval doméstico, mobles,...

 Tamén houbo oportunidade para disfrutar coa exposición temporal denominada Desenhos anos 50, de Júlio Resende.

 E finalmente, a exposición temporal que leva por título xenérico Marcas de Pescadores Póvoa de Varzim e A Guarda, que fora inaugurada o pasado día 3 de xullo deste ano. Nesa sala pudemos ollar diversos material etnográfico, procedente de A Guarda, cedidos pola Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM), e pola Asociación Piueiro, e por suposto do Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim.

 Nesa sala foi onde confluiron os dous grupos de visitantes, e onde houbo varias intervencions, tanto da directora do Museo, como dos directivos da Asociación Piueiro, e mesmo tivemos oportunidade de escoitar a uns compoñentes do Obradoiro de Canto “Cantares do Brueiro”, interpretando a cantiga que comeza do seguinte xeito:


"Minha rica Santa Trega.
Dai-nos ventinho da pôpa.
Que nos queremos ir embora.
E temos a vela rôta (...)"

  Foi un intre emotivo, que non se pode descreber con verbas. Son ocasions nas que ún se sinte moi feliz de ser guardés.

 Como anticipou a directiva da Asociación Piueiro, na víspera de Santa Trega, unha delegación poveira visitará A Guarda e participará na celebración da festividade de Santa Trega. Ogallá que para entón saibamos acoller os visitantes poveiros como eles nos acolleron a nós.

 Logo houbo unha breve tertulia, sesión fotográfica e mesmo unha “foto de familia”, na que están a directora do Museo e o arqueólogo municipal con tódolos excursionistas.

 Dese xeito remataría a gratísima visita o Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, guiada por dúas persoas que son, non soio uns verdadeiros profisionais no seu ámeto, senón unhas persoas namoradas do seu labor, afables,  próximas e sinxelas.

 E como xa era hora desa tarefa, á delegación guardesa, acompañada por Deolinda Carneiro e José Manuel Flores, achegouse ata o restaurante María do Caiado, na rúa das Lavadeiras, nº 11, onde compartimos un xantar, no que houbo entrantes, crema de legumes, carne ou peixe (segundo á preferencia de cada persoa, previamente indicada o facer a reserva da excursión), auga mineral, viños, postres e café. 


"Fotografía de familia" no Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim

 E ademáis unha grata sorpresa: a dirección do Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim agasallou a cada e excursionista de A Guarda cunha copia da "fotografía de familia" feita pola recepcionista do Museo, uns intres antes de rematar a visita a esa institución.

 Logo de xantar tranquilamente e mesmo de cantar, houbo un paseo pola cidade, guiado por José Manuel Flores, con unha visita a capela de San Roque, para continuar seguindo á ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa, en dirección á praia, deténdonos diante do monumento a José Rodrigues Maio, coñecido como O Cego de Maio, onde tivemos oportunidade de saber algunha anédocta protagonizada por ese veterano pescador e socorrista, quen con toda franqueza, logo de receber o Colar de Cabaleiro da Orde de Santiago da Torre e a Espada – a máis alta condecoración do Estado portugués -, e a medalla de ouro da Real Sociedade Humanitária do Porto, colocadas personalmente polo rei Luis I polas vidas que salvou no mar de Póvoa de Varzim, entregoulle o monarca unha bolsiña con unhas cunchas da praia, e díxolle: Son para seus meninos!

 José Rodrigues Maio é a figura máis representativa de Póvoa de Varzim e está considerado un heroe.

 Deseguido, logo dunha breve información sobor dun regato que houbo no lugar, onde outrora houbo fábricas de salgadura de peixe, e un mecenas poveiro, retornado do Brasil, doou o importe para o saneamento desa zoa, onde antigamente á xente botaba ás vísceras do peixe; fomos ata o Casino da Póvoa de Varzim. Fronte a fachada principal José Manuel Flores nos informou das características arquitectónicas do inmoble e da súa historia. A continuación fomos ata á fortaleza da Póvoa, onde recibimos información sobor dos usos que tivo noutrora (defensa da praza, aloxamento vacacional para fillos de funcionarios fiscais de poboacións do interior de Portugal,....) e os que ten hoxendía, que son hostaleiros.

 De retorno deica o autobús, tivemos oportunidade de ollar a casa natal de Rocha Peixoto.

A Cividade de Terroso
Foto: Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim
Reproducción: Infogauda

 Intres despois partimos en dirección a Cividade de Terroso (séc. VIII a. de C. – séc. III d. C.). Ese núcleo museolóxico está vencellado o Museu Municipal de Etnografía de Historia de Póvoa de Varzim. A primeira intervención tivo lugar a comezos do século XX, e desde 1980 véñense desenvolvendo traballos arqueolóxicos para súa excavación, estudo e posta en valor.

Os excursionistas de A Guarda no castro A Cividade, de Terroso (Póvoa de Varzim)

 Na Cividade de Torroso, o arqueólogo municipal informou da vexetación predominante na época da súa ocupación, e das actividades que desenvolvían os poboadores dese enclave castrexo, salientando que “(...) foi destruída polo paso dos exércitos de Décimo Junio Bruto, ben patente no rexistro arqueolóxico (...)”.

 Asemade informou dos diferentes niveis do chán interior dalgunhas vivendas castrexas, así como da configuración urbanística de cada grupo familiar, coas correspondentes construccions anexas para o gando, currais,,,,

 Tamén fixo fincapé na localización dunha vivenda de influenza romana na que seu propietario debía dispór dunha economía pouco usual, polo tipo de achádegos localizados (cerámica terra sigillata, fragmentos vítreos, etc.), que indican unha procedencia lonxana, que con certeza chegaron ata eiquí por vía marítima.

 A continuación os excursionistas baixaríamos ata o centro de recepción do visitante, dotado con aseos públicos e información bibliográfica e publicacións divulgativas.

 Logo de un breve descanso, partimos en dirección a Rates, onde visitamos a igrexa románica de Sâo Pedro de Rates  - cualificada como monumento nacional -, que perteneceu o mosteiro benedictino cluniacense, e que foi construida no século IX e reconstruida por Enrique de Borgoña en 1100.


Foto dos excursionistas de A Guarda, diante da fachada principal da igrexa románica de Sâo Pedro de Rates.

 No interior desa igrexa, os compoñentes da delegación guardesa recibimos de Deolinda Carneiro e de José Manuel Flores, unha ampla e amena información sobor das características arquitectónica e os avatares que tivo na súa fase constructiva, que obrigaron sobre á marcha, a non realización do proxecto primixenio, debido á falla de financiación.

 Rematada á visita á igrexa románica, accedemos o Núcleo Museolóxico de Rates, sempre coa atenta compaña e información de Celeste e de José Manuel, que se ocuparon de xeito exemplar de atendernos con toda á amabilidade e gratísimo trato.

 E da freguesía de Rates fomos ata a de Laúndos, subindo ata o Monte de San Félix, en cuxo cumio hai varios muiños eólicos, verdadeiro tesouro etnográfico. Desde alí pudemos ollar á inmensa veiga poveira, onde seus moradores traballan enormes superficies de terra, producindo hortalizas diversas, e sobor de todo millo forraxeiro, para alimento do gando vacún, para á producción leiteira, sendo Póvoa de Varzim, un destacado municipio en canto a producción leiteira de todo o país.

 Unha visita o miradoiro que amosa un merecido monumento ó emigrante, e outra á ermida de San Félix, porían broche de ouro a unha xornada culturalmente completa, onde os antigos vencellos de relación entre os veciños da Póvoa de Varzim e da Guarda, se afortalaron, coa amizade e a grata convivencia.

 E para que non quedase nada no tinteiro, José Manuel Flores brindouse o chofer para indicarlle a ruta máis axeitada para acceder a A-28, e non ter que retroceder uns 10 kms., ata o lugar de acceso á autoestrada.

 Xa en ruta, a pouca distancia do último punto de partida, o autobús tivo unha avería, o que obrigou o chofer a pedirlle á empresa que un compañeiro se achegase con outro autocar a recoller os excursionistas. Iso motivou que á hora prevista de chegada á Guarda, fose un pouco máis tarde, pero hai que salientar a profisionalidade do chofer Fernando Álvarez Carrero, e o magnífico comportamento de tódolos excursionistas.

 Foi unha xornada redonda, a que compartimos nas fraternas terras poveiras, cuxos vencellos coa A Guarda, veñen desde tempos mois antigos, por ese mar - o noso mar - polo que mariñeiros poveiros e guardeses, compartiron o esforzo das marés, unha cultura milenaria e a devoción a Santa Trega.

A GUARDA

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha  

Do martes 28 de agosto ao domingo 2 de setembro  

O transbordador "Santa Rita de Cássia", comunica por vía fluvial ás poboacións de Caminha e A Guarda
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Turismo do Concello de A Guuarda comunica que esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 2 de setembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.  

SEMANA DO MARTES 28 DE AGOSTO AO DOMINGO 2 DE SETEMBRO:

SAÍDAS DENDE A GUARDA – CAMINHA
MARTES 28
(non)
(non)
(non)
(non)
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
20:15
MÉRCORES 29
10:30
(non)
(non)
(non)
15:45
16:30
17:30
18:30
19:30
20:15
XOVES 30
10:30
(non)
(non)
(non)
(non)
16:30
17:30
18:30
19:30
20:15
VENRES 31
10:30
11:30
(non)
(non)
(non)
16:45
17:30
18:30
19:30
20:15
SÁBADO 1

11:30
12:30
(non)
(non)
(non)
17:30
18:30
19:30
20:15
DOMINGO 2

11:30
12:30
(non)
(non)
(non)
(non)
18:30
19:30
20:15

SAÍDAS DENDE CAMINHA  - A GUARDA
MARTES 28
(non)
(non)
(non)
(non)
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
20:00
MÉRCORES 29
10:00
(non)
(non)
(non)
15:30
16:00
17:00
18:00
19:00
20:00
XOVES 30
10:00
(non)
(non)
(non)
(non)
16:00
17:00
18:00
19:00
20:00
VENRES 31
10:00
11:00
(non)
(non)
(non)
16:30
17:00
18:00
19:00
20:00
SÁBADO 1

11:00
12:00
(non)
(non)
(non)
17:00
18:00
19:00
20:00
DOMINGO 2

11:00
12:00
(non)
(non)
(non)
(non)
18:00
19:00
20:00

Observacións:                                                                                                    (Horario peninsular de ESPAÑA)
A falta de visibilidade coa néboa pode provocar algunha cancelación cando o transbordador teña que navegar fora do canal.
- non se pode confirmar a saída ata o mesmo día seguindo o criterio do patrón.


- Debido á marea baixa variase o horario de saída e así non se cancela o servizo.