A Comunidade de Montes de Camposancos e o Centro San Xerome Emiliani prorrogan o convenio sobre Xeraemprego
Foto: Cedida
Redacción / Camposancos
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos e o Centro San Xerome Emiliani veñen de asinar a prórroga do convenio de colaboración que as dúas entidades manteñen desde abril de 2024 sobre o proxecto Xeraemprego.
Dados os bos resultados da colaboración inicial, os seus respectivos representantes asinan unha prórroga polos dous anos a seguir, ata abril de 2027.
A colaboración entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos e o Centro San Xerome Emiliani no proxecto Xeraemprego permite que 4 alumnos-traballadores dun ciclo de FP dual na rama forestal, poidan realizar actividades prácticas de formación apoiados por un monitor, en terreos propiedade da devandita Comunidade de Montes.
“O convenio reporta probadas vantaxes para ambas partes, tanto de tipo económico como no aspecto social”, afirmou José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario