10 de abr. de 2025

A GUARDA

Arturo Martínez vai expór fotografías súas en ESCOLA (Rúa Concepción Arenal nº 65, A Guarda – local da Asociación San Xerome Emiliani).  

A Guarda no meu ollar: Recunchos e paisaxes  



Infogauda / A Guarda

 Arturo Martínez González, de A Guarda, vai expór unhas escolma das súas fotografías en ESCOLA, local da Asociación San Xerome Emiliani, ubicado na rúa Concepción Arenal nº 65 - baixo, na vila de A Guarda.  

 Do labor de Arturo Martínez, ademais de ter unha presenza prácticamente cotiá nunha coñecida rede social, na que comparte moitas das imaxes que captura coa súa cámara; temos constancia que unha fotografía da súa autoría foi o cartel e a portada do libro-programa das Festas do Monte Santa Trega, de 2021, e mesmo unha imaxe fotográfica súa foi portada tamén, do nº 566, correspondente a febreiro de 2017, da revista Mar, unha publicación do Instituto Social de la Marina (ISM).

 "De sempre me apaixonou a fotografía, pero coa chegada das novas tecnoloxías, cámaras dixitais e teléfonos móbiles, naceu en min unha grande inquedanza por capturar momentos. Nas fotografías non busco a perfección técnica nin a mellor calidade, senón que intento transmitir o que sinto nese intre, compartindo coas persoas, estean no pobo ou lonxe del, unha parte da miña mirada. Especialmente cando se trata de imaxes da miña terra, A Guarda, sinto a necesidade de amosar a súa esencia, a súa xente e o día a día que tanto me conecta con ela", afirma Arturo Martínez González.  

 A exposición - que leva por título A Guarda no meu ollar: Recunchos e paisaxes - poderá visitarse do 22 de abril ao 9 de maio na sala ESCOLA. A inauguración terá lugar o martes 22 de abril ás 17:00h, coa presenza do autor.  

Horarios de visita:  

- Martes: 18:00 a 20:00h 

- Mércores: 17:00 a 20:00h 

- Xoves: 10:30 a 12:30h e 17:00 a 18:30h 

- Venres: 10:00 a 12:00h e 18:00 a 20:00h 

Ningún comentario:

Publicar un comentario