11 de abr. de 2025

A GUARDA

NASAS A BEIRA DO CAMIÑO DA COSTA


Nasas a beira do Camiño da Costa: esa é a imaxe que ofrecen a día de hoxe, a quen transita por ese atractivo roteiro 
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 O Camiño pola Costa é un itinerario dunha beleza sen igual. Todas as persoas que transitan por el poden dar fé do que decimos. O mar, a brisa mariña, a natureza, a flora, a paisaxe,..., ademais de aportarnos ions positivos, e estimular á actividade física, animan aos camiñantes no seu itinerario cara á Compostela.

 Acontece que as veces, como consecuencia da actividade humana no medio mariño, arriban á costa aparellos de pesca, como os que amosan á imaxe fotográfica que tiramos na mañá deste venres, día 11 de abril de 2025, preto de Porto María Albiña, nas coordenadas 41°54'52.7"N 8°52'56.3"W. 

 Non sabemos canto tempo levan nese lugar. Un veciño, cuxa identidade cónstanos, referíunos que esas nasas estaban inicialmente unidas a unha corda. A corda xa non se atopa no lugar, máis as nasas están visibles para todas as persoas que fan ese roteiro.

 Deixamos constancia dese feito, a fin de que, por parte de quen proceda, se den as instruccións oportunas para súa retirada dese lugar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario