10 de abr. de 2025

OIA

Cambios temporais na recollida de residuos en Oia debido a un accidente do camión pequeno 

 

O camión pequeno da recollida de lixo tivo un accidente e quedou inoperativo 
Foto: C.O.
  

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia informa á veciñanza que, debido a un accidente acontecido esta mañá, sen feridos, pero que deixou inoperativo o camión de lixo pequeno utilizado para determinados puntos de recollida; serán necesarios axustes provisionais no servizo de recollida de residuos. Mentres non se conclúa a adquisición dun novo vehículo de similares dimensións, os colectores que requiran o acceso do camión pequeno de lixo trasladaranse temporalmente ás zonas de recollida do camión grande.  

 Ademais, infórmase que as persoas maiores ou con mobilidade reducida, que poidan ter dificultades para levar o seu lixo aos novos puntos de recollida, pódense poñer en contacto co Concello, que analizará cada caso individualmente para buscar solucións temporais que garantan a súa comodidade e benestar.  

 O Concello agradece a comprensión e cooperación da veciñanza ante esta situación, asegurando que se está a traballar para solucionar o problema o antes posible. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario