O Coro Gli Appassionati encherá de música a igrexa de Santa María de A Guarda
• Este sábado 12 de abril, ás 21:00 horas
Infogauda / A Guarda
Este sábado 12 de abril, ás 21:00h, a igrexa parroquial de Santa María de A Guarda acollerá un concerto do coro Gli Appassionati.
A obra que interpretarán será o ‘Stabat Mater’, de Steve Dobrogosz, que combina elementos da música clásica e do jazz.
‘Stabat Mater’ conta con 8 movementos para desfrutar das voces e da música desta agrupación coral.
Coro Gli Appassionati
O coro Gli Appassionati nace en Vigo no ano 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo. Desde o súa presentación veu constatando un crecente éxito, debido á boa acollida do público así como aos premios cultivados nos diferentes concursos nacionais e internacionais aos que se presentou.
Abordan unha gran variedade de xéneros, entre os cales destacan a música sacra, clásica, o folclore, a música tradicional e o pop. Entre as súas numerosas actuacións a capella ou acompañados por diferentes formacións orquestrais, caben remarcar; “Magníficat de Bach” no Teatro Afundación, de Vigo; “Gloria de Vivaldi”, Santiago de Compostela e Vigo; diferentes concertos de música sacra na basílica de Santa María de Vigo, catedral de Tui e catedral de Ourense; “Gala Lírica de Reis” en Ourense; “Appassionarte” espectáculo pop-rock en Vigo, A Coruña e Nigrán; “The Queen Symphony” de Tolga Kashif, en Vigo, Santiago de Compostela e Ourense; “Gala Lírica de Aninovo” en Pontevedra; “9ª Sinfonia de Beethoven”, en Vigo e Ciudad Real; “Carmina Burana”, en Santiago de Compostela; Ópera “Nabucco” de Verdi, no Teatro Afundación de Vigo; Ópera “Lles pêcheurs de perles”, de Bizet en Santiago de Compostela e Vigo; “Oda á Raíña Anna de Händel” en Vigo; “Homenaxe á Zarzuela” en Pontevedra; Messias, de Haendel, en Pontevedra; Réquiem, de Mozart, en Santiago de Compostela; BSO de Peter Pan etc. Tamén actuaron co grupo tradicional “Os de Algures” no Teatro Principal de Pontevedra recuperando obras de Perfecto Feijóo, gaiteiro e difusor da música galega.
Estrearon en España diferentes obras completas como Stabat Mater, de Steve Dobrogosz; The Queen Symphony, de Tolga Kashif; ou The Sacred Concert, de Duke Ellington.
Foron convidados a cantar nos festivais corais; XXX Encontro Internacional Coral Ciudad de Torrevieja, Alacante; e VII Festival de Canto Coral “Ciudad de Soria”, Soria; e VI Encontro Internacional de Coros en Azeméis, Portugal. Tamén teñen participado en diferentes programas da TVG.
Crearon o espectáculo “Appassionarte” con temas pop-rock como “Yesterday”, “Michelle” e “Because” de Beatles; “The Bohemiam Rapsody” e “Somebody to love” de Queen; e outros moitos máis temas desta índole nos auditorios do Concello de Vigo, en Vigo; “Ágora” na Coruña; e Braga, Portugal.
Traballaron coas seguintes formacións; Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra, Orquestra Sinfónica 430 de Vigo, Orquestra Filarmónica da Mancha, Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra, Orquestra de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela, Banda de Música de Pontevedra, Banda Artística de Merza, Banda de Música de Valga e Camerata Arven.
Palmarés:
2020:
Gañadores do Primeiro Premio “Big Winners” no Certame Internacional Colinde, Colinde de Moldavia.
2019:
Finalistas no Gran Premio Nacional Coral en “Villa de Rojales”.
2018:
1º Premio (Sirena de Ouro) no I Certame Nacional de Música Coral de Villanueva de la Serena.
2º Premio (Cantores de Prata) no XL Certame Nacional de Nanas e Panxoliñas «Villa de Rojales»
2017:
Premio especial do público no L Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera, Cantabria.
Finalistas no LXIII Certame Internacional de Habaneras e Polifonía de Torrevieja.
Finalistas no Gran Premio Nacional Coral en Villanueva de la Serena, Badaxoz.
2016:
3º Premio no XV Concurso Nacional de Corais Antonio José, Burgos.
Finalistas no Gran Premio Nacional Coral en Zumárraga, País Vasco.
2015:
1º Premio (Lira de Ouro) e Premio Especial do público no XLVIII Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera, Cantabria.
2014:
1º Premio no II Certame Coral Vila de Arbo, Pontevedra.
1º Premio no X Certame Nacional da Canción Castelá de Fuensalida, Toledo.
2013:
Finalistas no Certame Nacional de Corais Antonio José, Burgos.
3º Premio no Certame Nacional Fira de Tots Sants en Cocentaina, Alacante.
2012:
3º Premio no XXIX Certame Coral Internacional de Avilés
2º Premio no X Certame de Panxoliñas da Catedral de Tui
Ningún comentario:
Publicar un comentario