2 de dec. de 2018

CULTURA

Culturgal acolleu a entrega dos premios da Agadic, Álvaro Cunqueiro e Manuel María, a Avelina Pérez e Paula Carballeira

Culturgal acolleu a entrega dos premios da Agadic, Álvaro Cunqueiro e Manuel María, a Avelina Pérez e Paula Carballeira

Infogauda / Pontevedra

 Culturgal, a feira das industria culturais que se estivo a celebrar desde o venres en Pontevedra, foi hoxe o escenario do acto de entrega dos premios literarios convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo. No caso do XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, a gañadora foi Avelina Pérez coa obra Ás oito da tarde, cando morren as nais, mentres que o X Manuel María de literatura dramática infantil recaeu en Paula Carballeira por Somos monstros.  

 Os galardóns, dotados con 6.000 euros cada un, fóronlles entregados por Jacobo Sutil, director da Agadic, e Laura Tato, presidenta do xurado deste ano, que deu a coñecer o seu ditame o pasado 14 de novembro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario