1 de dec. de 2018

A GUARDA

FIN DE SEMANA DE CONCIENCIACIÓN



Asociación de Comerciantes Mercado do Reló / A Guarda

 Hoxe as tendas da Guarda aparecen cubertas e así permanecerán durante toda a fin de semana. 

 É un xeito de mostrar a todos como serían os nosos barrios sen o pequeno comercio. Atravesamos tempos difíciles e incertos ante o consumo desmesurado dende as grandes plataformas de internet e ante un modelo de consumo baseado na compra compulsiva e o "low cost". 

 Os cartos invertidos no comercio local repercuten no pobo e con eles, os impostos para o ben de todos. Cada vez sabemos moitos máis segredos das grandes multinacionais que pouco nos gustan, sedes en paraísos fiscais, entramados, precariedade laboral, explotación infantil... todo para lograr eses prezos tan irresistíbeis. Pero pensa que alguén da cadea está perdendo aí fóra, seguramente en condicións laborais e sociais durísimas. 

 Dende os nosos establecementos sempre axudamos a coñecer ben os nosos produtos, coñecer a súa procedencia, por qué os vendemos, que representan... cun trato cercano, cheo de enerxía, paixón e corazón. Un longo proceso cheo de esforzo e motivación para traelo ata aquí. Somos pequenos empresarialmente, pero xunto con vós facemos grandes as rúas, barrios cheos de vida, así son os lugares máis especiais que sexa onde sexa desexamos visitar, iso que xeneramos é o que desexan lograr os xigantes, queremos perdelo? 

 Cun consumo responsábel, intelixente e sostible o manteremos vivo, nosas amizades, nosos veciños... O que se lembra de nós cando nos amosa o que acaba de traer a súa tenda, seguirá vivindo aquí e así conservaremos este lugar tan especial, porque A Guarda somos todos os que vivimos nela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario