1 de dec. de 2018

OIA

Xosé Antón Rodríguez “Xuster” candidato a Alcaldía de Oia polo BNG 

“Oia está instalado nunha parálise crónica e compre darlle a volta” 

Xosé Antón Rodríguez “Xuster” , candidato á alcaldía de Oia polo BNG

Infogauda / Oia

 A asamblea local do BNG de Oia elexiu a Xosé Antón Rodríguez “Xuster” como candidato a alcaldía pola formación nacionalista para as próximas eleccións municipais. 

 Xosé Antón Rodríguez que na actualidade é o presidente da Comunidade de Montes de Santa María de Oia, afirmou diante da asemblea:“Dou o paso a encabezar a candidatura do BNG,  porque coma outros moitos veciños e veciñas, son conscente de que o noso concello está instalado nunha parálise crónica que repercute na calidade de vida da veciñanza e compre darlle a volta”.  

 Noutro momento da súa intervención dixo: “Oia é un Concello con grandes posibilidades con unha costa privilexiada, un interior nas parroquias de Burgueira e Loureza coa riqueza paisaxística, gandeira, agrícola e gastronómica. Todo isto ten que ser conxugado creando un único ente que vertebre as parroquias do interior e costa”. 

 Despois de referirse as carencias en infraestructuras como o saneamento, o abandono do riquísimo patrimonio que atesoura o Concello, a desestructuración social, económica e territorial do que responsabilizou ao PP, concluiu: “Oia necesita un xiro e rexeneración da institución municipal, un xeito novo de facer as cousas, un goberno que traballe”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario