30 de nov. de 2018

SAÚDE

Érguete Baixo Miño / A Guarda

 Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo unan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia. 

 Este ano celebrase o 30º aniversario do primeiro Día Mundial da Loita contra a Sida (en 1988). Trinta anos de activismo e solidariedade baixo esta bandeira. Trinta anos en defensa do acceso universal aos servizos vitais para tratar e previr a VIH. Non obstante, aínda non acabamos ca sida. Queda moito por facer. 


 Dende Érguete Baixo Miño, queremos facer eco da Campaña Día Mundial Da Sida #TransmiteRespeto. Besar, Comprender, Amar, Desfrutar, Tocar, Convivir Non Transmite o VIH, que o Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social publicou este 2018. 

 As persoas con infección por VIH continúan expostas a situacións de discriminación. Con información, ti podes evitalo. Infórmate sobre o VIH e transmite respecto. 

 Tamén, destacar a campaña divulgativa que dende o Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve por toda Galicia. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas. 

 Baixo o lema: “Coñece o teu estado fai a proba do VIH” a Consellería de Sanidade quere facer un chamamento a poboación para sensibilizala da importancia de facer a proba do VIH e conseguir diagnosticar as persoas que descoñecen a súa infección para mellorar o seu futuro. A pesar de que no último ano o atraso diagnóstico desta infección diminuíu en Galicia, compre seguir, desde as institucións sanitarias, implementando as medidas que contribúan a diagnosticar e tratar ás persoas afectadas o máis precozmente posible. Coñecer o estado serolóxico respecto da infección polo VIH é a principal medida para poder controlar esta infección no futuro inmediato. 

 Para máis información podes dirixirte de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño, sitas na Rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º andar) A Guarda, nos teléfonos 986 614 407 / 640 086 376 ou ben contactando no seguinte enderezo electrónico: info@erguete.org.

Ningún comentario:

Publicar un comentario