12 de nov. de 2018

GOIÁN (TOMIÑO)

ATÉ O 23 DE NOVEMBRO PODERASE OPTAR A DOUS POSTOS VACANTES NO MERCADO MUNICIPAL DE GOIÁN 

O CONCELLO DE TOMIÑO SACA A LICITACIÓN UN POSTO PARA A VENDA DE FROITAS E VERDURAS E OUTRO PARA COMERCIO DE PRODUTOS ALIMENTARIOS OU NON ALIMENTARIOS 

Infografía do interior da praza de abastos de Goián
Fonte: C. T.

Infogauda / Goián

 O Concello de Tomiño saca a licitación dous postos vacantes do Mercado de Goián. Un deles é para a venda de froitas e verduras e o outro para comercio de produtos alimentarios ou non alimentarios en xeral.  

 As bases que rexen a licitación dos postos, e nas que se inclúe a documentación que deben presentar as persoas interesadas en facerse cun deles, pódense consultar e descargar pinchando na icona “Perfil do Concello” da páxina web do Concello de Tomiño.

 O prazo para presentar ofertas remata o 23 de novembro de 2018.  

 O Mercado de Goián, conta ademais con outros dous postos (un de carnicería e outro de venda de peixe), xa en proceso de adxudicación, e que estarán abertos a finais de ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario