12 de nov. de 2018

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

Debut do equipo feminino de A Guarda Hockey Liña na Liga galega

Agardábase un partido igualado e con emoción e cumpríronse as espectativas xa que o resultado final foi de 2-2 e houbo emoción ata os segundos finais

Adestrador e xogadoras do equipo senior feminino de A Guarda Hockey Liña
Foto: A.G.H.L.

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 O pasado sábado día 10 o equipo senior feminino de A Guarda Hockey Liña fixo o seu debut na Liga Galega. Despois de un ano sen competir as rapazas do Clube guardés voltaron á pista deixando moi boas sensacións para o numeroso público asistente así coma para o corpo técnico. 

 En este partido debut as da Guarda enfrontáronse ó Brigantium Feminino de Arteixo no pavillón AGRA 1 de A Coruña. Agardábase un partido igualado e con emoción e cumpríronse as espectativas xa que o resultado final foi de 2-2 e houbo emoción ata os segundos finais. As da Coruña dominaron a estatística de tiros a porta e as da Guarda a posesión da pastilla facendo un vistoso e emocionante partido.  

 Bo debut e o primeiro punto acadado en esta nova etapa do hockey feminino guardés que con un plantel con moita xuventude tentará acadar unha boa posición na Liga Galega de Hockey Liña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario