31 de out. de 2018

GOIÁN (TOMIÑO)

A ASOCIACIÓN “DALLE GAS” ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DA EXPOSICIÓN DE MOTOS ANTIGAS 

O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE GOIÁN ACOLLE O EVENTO, AO QUE ASISTEN DECENAS DE EXPOSITORES E COLECCIONISTAS DE DIFERENTES PUNTOS DE GALICIA, ESPAÑA E PORTUGAL


Infogauda / Goián

 Esta fin de semana chega a Goián a XV Exposición e Mercadiño de Motos Antigas. Unha gran feira de recambios para motos e coches clásicos, miniaturas, ferramentas,..., que xa é unha cita tradicional nesta época do ano.    

 O pavillón polideportivo de Goián acolle o evento, ao que asisten decenas de expositores e coleccionistas de diferentes puntos de Galicia, España e Portugal, durante o vindeiro sábado  e o domingo, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (día 3) e de 9:30 a 14:30 horas (día 4).  

 Organizada pola Asociación de Amigos das Motos Antigas “Dalle Gas”, de Tomiño, coa colaboración do Concello, a exposición reúne a moitos profesionais do sector, así coma a afeccionados e coleccionistas que non queren perderse esta cita anual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario